A Festa do Polbo é unha romaría gastronómica que congrega cada ano a decenas de miles de visitantes no Carballiño o segundo domingo de agosto. A Festa do Polbo do Carballiño 2026 será o 9 de agosto, día grande, pero as actividades e concertos comezan xa uns días antes. Consulta aquí as datas e o programa das Festas do Polbo do Carballiño 2026, que este ano celebra a súa 64ª edición dedicada á illa canaria de Lanzarote.

Máis de corenta mil quilos de polbo, elaborados por medio centenar de polbeiros/as, se consumen nesta Festa de Interese Turístico Internacional.

Programa das Festas do Polbo do Carballiño 2026

Fiestas del Pulpo O Carballiño 2026

Fonte: Concello do Carballiño

O cartel da Festa do Polbo do Carballiño 2026 foi deseñado pola artista carballiñesa Ari Quitas. Ademais, a edición deste ano é unha homenaxe aos lazos que unen O Carballiño e Lanzarote, xuntando dous símbolos nunha única imaxe: o polbo cocéndose na caldeira tradicional e o fogón que é o volcán.

Un ano máis, a Festa do Polbo no Carballiño conta cunha ampla axenda de actividades para todos os públicos, dende finais de xullo ata a gran festa gastronómica do domingo 9 de agosto.

No programa das Festas do Polbo do Carballiño 2026 destacan a Mostra de Viños do Ribeiro, do 24 ao 26 de xullo, a popular Tapa Xigante de polbo o martes 4 de agosto, e moito máis.

O Concello do Carballiño aínda non publicou o programa completo da Festa do Polbo do Carballiño 2026, cando lo faga contarémoscho todo aquí, polo momento si confirmou algúns eventos que che comentamos deseguido.

Venres, 24 de xullo 2026

  • 12:00 h. Praza Maior: Inauguración da III Mostra de viño do Carballiño.
  • 15:00 h. Praza Maior: Peche do recinto.
  • 20:00 h. Praza Maior: Apertura do recinto da muestra e animación con Feitizo de Pau.
  • 23:30 h. Praza Maior: Peche do recinto.

Sábado, 25 de xullo 2026

  • 12:00 h. Praza Maior: Apertura do recinto da mostra e animación co Grupo de Música Tradicional do Carballiño.
  • 15:00 h. Praza Maior: Peche do recinto da mostra.
  • 20:00 h. Praza Maior: Apertura do recinto da mostra e animación co Grupo de Música Tradicional do Carballiño.
  • 23:00 h. Praza Maior: Concerto de Zeltia Irevire.
  • 23:30 h. Praza Maior: Peche do recinto da mostra.

Domingo, 26 de xullo 2026

  • 12:00 h. Praza Maior: Apertura do recinto da mostra.
  • 15:00 h. Praza Maior: Peche do recinto da mostra.
  • 20:00 h. Praza Maior: Apertura do recinto da mostra.
  • 20:00 h. Praza Maior: Concerto da Banda de Gaitas e Danza do Irixo.
  • 00:00 h. Praza Maior: Peche da mostra.

Luns, 27 de xullo 2026

  • 18:00 h. Praza da Veracruz: Semana Grande para os Pequenos (do 27 ao 30 de xullo): Festa da Auga.

Martes, 28 de xullo 2026

  • 18:00 h. Praza da Veracruz: Semana Grande para os Pequenos (do 27 ao 30 de xullo): Festa da Escuma con Contacontos.

Mércores, 29 de xullo 2026

  • 18:00 h. Praza da Veracruz: Semana Grande para os Pequenos (do 27 ao 30 de xullo): Xincana infantil.
  • 20:30 h. Praza da Veracruz: Concerto de Tacrolimus.

Xoves, 30 de xullo 2026

  • 12:00 h. Biblioteca Municipal: Programa Ler Conta Moito: Tralará Contos, Obxectos e Música.
  • 18:00 h. Praza da Veracruz: Semana Grande para os Pequenos (do 27 ao 30 de xullo): Festa Holy.

Venres, 31 de xullo 2026

  • 11:00 h. Música de Feira: Polo can baila o can.
  • 22:30 h. Praza da Veracruz: Concerto Festival Ou Yeah! 2026: Burning.

Martes, 4 de agosto 2026

  • 20:00 h. Praza Maior: elaboración da tapa xigante de polbo.

Sábado, 8 de agosto 2026

  • 20:00 h. Praza Maior: Festa das Camisetas con batucada polas rúas.
  • 23:00 h. Praza Maior: Verbena popular.

Domingo, 9 de agosto 2026: Festa do Polbo do Carballiño

  • 11:00 h. Parque Municipal e rúas: Charangas e grupos de música tradicional.
  • 11:30 h. Parque Municipal: Festival Folclórico de Música e Danza Tradicional.
  • 22:30 h. Praza Maior: Verbena popular.

Orixe e historia da Festa do Polbo do Carballiño

Fiesta del Pulpo O Carballiño 2023
Fonte: Concellería de Turismo do Concello do Carballiño

Todo empezou cunha reunión informal dun grupo de amigos alá polo ano 1962.

Querían render homenaxe ao polbo e a unha elaboración que en Arcos era toda unha arte.

Porque o epicentro da tradición polbeira é a parroquia de Santa María de Arcos, que pertence ao municipio do Carballiño. É aí onde xorden os polbeiros e polbeiras, auténticos artesáns da elaboración do polbo, transmitida entre xeracións.

Tendo claro o protagonista da festa, tamén necesitaban un lugar para celebrala. E o elixido foi o Parque Municipal do Carballiño, inaugurado no ano 1927, con varias fontes naturais, muíños, un balneario centenario e máis de trinta e dúas hectáreas de arboredo.

A considerada primeira edición da Festa do Polbo celebrouse en setembro, coincidindo coa celebración das Festas de San Cibrao do Carballiño. Pero pronto se trasladou a agosto considerando que así faría mellor tempo e tería maior asistencia de visitantes foráneos, especialmente tratándose dunha zona con moito emigrante que no verán retorna a pasar uns días de vacacións na súa terra.

E vaia se acertaron. A día de hoxe, a Festa do Polbo do Carballiño é unha das festas máis populares de Galicia.

A tradición do polbo á feira

O polbo galego ten a súa orixe na Idade Media. E foron os monxes da zona quen, séculos atrás, comezaron a repartir o sobrante de polbo que recibían como pago dos seus parceiros da costa; en concreto, de Marín, que foi priorado de Oseira.

O novo manxar atopou o seu lugar de venda ideal na feira que por aquel entón se celebraba mensualmente en Cea, localidade próxima ao Carballiño.

Aí comezou a tradición do chamado polbo á feira. Un prato suculento cuxa elaboración ten truco.

A receita do polbo á feira do Carballiño

Fiesta del Pulpo O Carballiño 2023
Fonte: Concellería de Turismo do Concello do Carballiño

O polbo cócese en caldeiras de cobre e sérvese nun prato de madeira. O segredo está na cocción. E está claro que no Carballiño conseguiron dar con el.

Esta é a receita oficial do polbo á feira do Carballiño:

Elaboración:

  • Poñer nunha pota auga cun pouco de sal a ferver.
  • Introducir o polbo, subíndoo e baixándoo 3 veces.
  • Deixar cocer durante 20 ou 30 minutos, dependendo do seu grosor.
  • Apagar o lume e deixalo repousar 20 minutos.
  • Cortar o polbo en láminas, engadir o aceite de oliva virxe, o sal groso e o pemento picante ou doce.
  • Pódese acompañar de patacas cocidas.

Ingredientes: 1 quilo de polbo, aceite de oliva virxe, pemento picante ou doce e sal groso

Fonte imaxe cabeceira: Concellería de Turismo do Concello do Carballiño