A Feira do Libro de Santiago 2026, que se celebra do 2 ao 10 de maio no paseo central da Alameda, é sempre una das primeiras paradas das feiras de libros que organizan a Federación de Librerías e a Xunta de Galicia. Consulta aquí o programa da Feira do Libro de Santiago 2026 para saber os horarios das presentacións, firmas etc.

É chegar a primavera e o bo tempo e os parques énchense de xente. É case como un ritual. O bo tempo anima a levar un libro no bolso ou na mochila para aproveitar os descansos e ler á sombra dunha árbore ou nun parque resgardado. As feiras de libros chegan para fomentar a lectura pero tamén para poñer en contacto a escritores e a vendedores cos seus potenciais clientes.

A Feira do Libro de Santiago de Compostela 2026

Feria del Libro de Santiago

Imaxe: Turismo de Santiago de Compostela

A capital galega é unha das primeiras paradas das feiras de libros que organizan a Federación de Librarías e a Xunta de Galicia. Este ano percorrerán 13 concellos nos que o libro é o principal reclamo para atraer lectores e lectoras de todo tipo.

A Feira do Libro de Santiago 2026 celébrase do 2 ao 10 de maio no paseo central da Alameda e, como cada ano, exporanse e venderanse libros de diferentes editoriais, librarías e entidades, tanto galegas como do resto de España.

  • Horario da Feira do Libro de Santiago 2026: de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h.

Ademais, como adoita suceder neste tipo de feiras, as librarías achegan os seus produtos ao público e ofrecen prezos interesantes e descontos especiais. Este ano todo o que se adquira na Feira do Libro de Santiago ten un 10% de desconto.

Programa da Feira do Libro de Santiago 2026

feira libro santiago cartel 2026
Imaxe: Federación Librarías de Galicia

Na Feira do Libro de Santiago 2026 non só se poderá mercar e buscar libros de todo tipo, senón que, como é habitual neste tipo de eventos, hai unha serie de actividades complementarias para animar a que se achegue todo tipo de público. Nunca fallan a sinatura de libros por parte de autores coñecidos, os sorteos, as campañas de fomento da lectura, as visitas guiadas, etc.

Este ano tamén haberá todo tipo de actos, só hai que botarlle un ollo ao programa e achegarse de 11:30 a 14:00 horas pola mañá e de 17:30 a 21:00 horas pola tarde ao paseo central da Alameda de Santiago. Non te perdas ningún detalle, seguro que hai un evento ideal para cada tipo de lector.

Se queres podes baixar aquí o programa da Feira do Libro en Santiago 2026:

Sábado, 2 de maio 2026

  • 12:00 h. Carpa de actividades: Acto inaugural da Feira do Libro de Santiago, pregón a cargo de Mercedes Teixeiro e actuación da Banda de Música Municipal do Concello de Santiago de Compostela.
  • 12:00 h. Luis do Río asina Introdución práctica á cestaría de madeira na caseta da libraría Boulevar.
  • 12:30 h. Ramón Romero Nogueira asina Millennialismo ou sátira dunha xeración na caseta da libraría Aenea.
  • 17:30 h. Carpa de actividades: Teatro para familias. Pedras de cartón representa a obra Alicia.
  • 17:30 h. Luis do Río asina Introdución práctica á cestaría de madeira na caseta da libraría Boulevar.
  • 17:30 h. Francisco Narla asina Ultreia. Triloxía de Compostela e a súa obra na caseta da libraría Pedreira.
  • 18:00 h. Roteiro A Compostela de Begoña Caamaño con Encarna Otero. Saída dende a Carpa de actividades.
  • 18:30 h. Carpa de actividades: Demostración práctica sobre cestaría tradicional con Luís do Río.
  • 19:00 h. Nuria Díaz asina ¿De qué tienes miedo? e o resto da súa obra na caseta de secretaría.
  • 19:00 h. Fé González (traductora) asina Tortura Branca na caseta da libraría Pedreira.
  • 19:30 h. Francisco Narla asina Ultreia na caseta da libraría Agrasar.
  • 19:30 h. Alba Tomé asina As humidades na caseta da libraría Numax.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Encarna Otero presenta A Compostela de Begoña Caamaño.

Domingo, 3 de maio 2026

  • 11:00 h. Roteiro literario de Mañá, cando sexamos luns da man de Xaquín Núñez. Paseo por algúns dos espazos importantes da novela, con lectura de fragmentos, explicacións sobre a obra e conversas co autor. Saída dende A casa das máquinas na Rúa Galeras.
  • 13:00 h. Marta Villar asina Detective Ferruchi na caseta da libraría Agrasar.
  • 17:30 h. Carpa de actividades: Cris de Caldas presenta o espectáculo A bibliotecaria estrafalaria. Contos, humor, música, e maxia para toda a familia.
  • 17:30 h. Manuel Esteban asina La ira de los mansos na caseta da libraría Agrasar.
  • 18:30 h. Carpa de actividades: Literatura como retrato social. Con Manuel Esteban e Xaquín Núñez.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Bestiário de Ánxel Huete e Vítor Vaqueiro, obra gráfica e textual sobre o universo mitolóxico galego. Participan Vítor Vaqueiro, Ánxel Huete e Vanessa Rodríguez, editora de Néspera.

Luns, 4 de maio 2026

  • 18:30 h. Carpa de actividades: A traductora secreta: escape room. Xogo de enigmas e códigos no que as participantes deberán resolver retos de tradución e traballar en equipo para escapar antes de que remate o tempo. Da man de Raquel Senra.
  • 19:00 h. Alba Formoso Ramos asina Entre incienso y recuerdos na caseta da libraría Pedreira.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Unha backroom propia. Poesía de micro aberto con Branca Trigo.

Martes, 5 de maio 2026

  • 11:30 h. Samuel Ferro asina A queimada das ánimas e o resto da súa obra na caseta da libraría Pedreira.
  • 17:30 h. Marilar Aleixandre asina a súa obra na caseta da libraría Boulevar.
  • 17:30 h. Samuel Ferro asina a súa obra na caseta da libraría Boulevar.
  • 19:00 h. Lola López-Menéndez asina Ardentía 1890. El naufragio del Serpent na caseta da libraría Ler Pobra do Caramiñal.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Bingo literario con Lucía Aldao. O bingo de toda a vida, pero con libros e literatura como protagonistas. Para público familiar.

Mércores, 6 de maio 2026

  • 18:30 h. Carpa de actividades: Presentación de Madonna no nació en Wisconsin de Natalia Moreno, acompañada por @lectoralila.
  • 19:00 h. Sibila Freijo asina Ponme otro vino, que aún te veo feo na caseta da libraría Agrasar.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Falamos sobre literatura millenial con Victoria Pinal e Ramón Romero Nogueira.

Xoves, 7 de maio 2026

  • 18:00 h. Arantza Portabales asina Asasinato no muiño do cura na caseta da libraría Agrasar.
  • 18:30 h. Carpa de actividades: Toca, adivina, escucha... Obradoiro de contacontos sensorial. impartido por Corina Alfonso promotora Braille da ONCE.
  • 18:00 h. Loli Rodríguez Rodríguez asina Nailía na caseta da libraría Pedreira.
  • 18:30 h. Begoña Feijoo asina Un anaco de mazá seca na caseta da libraría Numax.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Visibilizar o innomeable: de Nell Leyshon a Begoña Feijoo Fariña. Participan a escritora Begoña Feijoo e a traductora Estela Villar.

Venres, 8 de maio 2026

  • 17:30 h. Adrián Noia asina a súa obra na caseta da libraría Boulevar.
  • 17:30 h. Carpa de actividades: Unha aventura máxica con Rosalia – Obradoiro de cómic con Rosalía de Castro, elixe a túa aventura da man de Paula Mayor. A partir de 8 anos.
  • 18:00 h. Andrés Castro e Alexandre Senande asinan Sentinelas e o resto da súa obra na caseta da libraría Pedreira.
  • 18:30 h. Carpa de actividades: Perpetuando a José Suárez. Convírtete na protagonista de unha das súas icónicas imaxes.
  • 19:00 h. Lisina Coney asina Ilusiones frágiles na caseta da libraría Agrasar.
  • 19:30 h. Carlos Lixó asina Rastros na caseta da libraría Numax.
  • 19:30 h. Raquel Senra asina Escola de monstros na caseta da libraría Galgo azul.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Conversa entre Carmen V. Valiña e Montse Fajardo.

Sábado 9 de maio 2026

  • 11:30 h. Ana Lojo Chan asina Marea morta, Cinco e Estela de cartas alph@ na caseta da libraría Ler Pobra do Caramiñal.
  • 12:00 h. Carpa de actividades: Nerea Pallares asina Punto de araña na caseta de secretaría.
  • 12:00 h. Reyes Pérez Rubio asina Mortadela Sándwich. Prohibido usar la magia na caseta da libraría Agrasar.
  • 13:00 h. María Fe González asina Tortura branca na caseta da libraría Pedreira.
  • 17:30 h. María Solar asina As malas ideas na caseta da libraría Pedreira.
  • 17:30 h. Ramón Romero Nogueira asina a súa obra na caseta da libraría Boulevar.
  • 17:30 h. Ana Lojo Chan asina Marea morta, Cinco e Estela de cartas alph@ na caseta da libraría Ler Pobra do Caramiñal.
  • 17:30 h. Carpa de actividades: Contos grandes e pequenos con Paco Nogueiras.
  • 18:00 h. Aurora Abelairas Vilariño asina Cartografía poética do condado na caseta da libraría Aenea.
  • 18:00 h. Rober Cagiao asina Cadena de favores na caseta da libraría Agrasar.
  • 18:30 h. Carpa de actividades: De herdanzas e historias. Olaia Sendón e María Solar falan sobre os seus libros A casa grande e As malas ideas. Moderado por María Nieto.
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Que nome ten a túa identidade? Como te chamaban antes de saber quen eras? Os nomes íntimos a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música.
  • 20:00 h. Rober Cagiao asina Cadena de favores e o resto da súa obra na caseta da libraría Pedreira.

Domingo, 10 de maio 2026

  • 11:30 h. Carpa de actividades: Presentación do proxecto ecofeminista de artivismo Libro para (A)Bordar a Paz, unha obra colectiva feita con páxinas de tea bordadas a man como símbolo de paz en tempos de guerra. O colectivo Fiadeiro Lila Serán promove tamén un fiadeiro aberto á participación veciñal.
  • 12:00 h. Pablo Varela asina O dentista musical na caseta da libraría Pedreira.
  • 12:30 h. Fátima Martínez Gómez asina Villapalabra na caseta da libraría Aenea.
  • 17:30 h. Carpa de actividades: Teatro para familias. Pablísimo representa Contiario. No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos canción...
  • 18:30 h. Carpa de actividades: Ficcionar a dor. María Nieto conversa con Aurelio Serrano (El intervalo) e Ana Varela (Runrún).
  • 19:30 h. Carpa de actividades: Falamos de Begoña Caamaño a través de tres obras que afondan na súa vida, pensamento e legado: Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, de Ana Romaní e Chus Nogueira; O transgredir das ondas, de Paula Carballeira; e Begonha Caamanho, uma das nossas, de Lara Rozados e Charo Lopes.

Goza da Feira do Libro de Santiago de Compostela 2026 do 2 ao 10 de maio na Alameda.