Ola. Hai unhas semanas demos un pequeno gran paso en R. Despois de 20 annos ofreciendo servizos de telecomunicacións en Galicia, chegamos ao Bierzo e a León. E incluso tamén agora a Cantabria.

Somos os novos

Cando alguén chega a un sitio novo, sempre se debe presentar aos seus veciños e intentar formar parte da comunidade na que está. Por esa razón nos animamos a apoiar a Ponferradina, a Cultural Leonesa e a Ademar León, clubes que teñen una grande afección e que realizan unha gran labor social e deportiva.

A acollida non puido ser mellor nestas poucas semanas. Non só nos acollestes de forma entusiasta, senón que nos fixestes sentir un máis. Precisamente, hoxe che queremos contar a outra parte, cal é a impresión de R dos novos clientes que temos na zona.

A experiencia dun cliente

Falamos cun dos nosos primeiros clientes en Ponferrada, Julio César de Castro. Acláranos que non nos coñecía de antes, pero que nos descubriu grazas a unha das comerciais que temos na zona. Ante a dúbida, preguntou a varios dos seus amigos en Galicia. “Comentaáronme que levabades moitos anos dando servizo e que encantados con vós”, comenta. Por iso, ao final animouse a contratarnos.

Non tiña boas experiencias con outros operadores. “Un xa está cansado, porque sempre te engañan co que che ofrecen”, explica Julio César. No caso de R, sinala que polo de agora “o que prometeu, o cumpriu”.

Instalación rápida

Cando lle preguntamos por como foi o proceso de contratación e de instalación, dice que lle concertamos cita moi rápido para a instalación. “Foi todo moi rápido, moi fluído, xa que en 3 ou 4 días xa estaba todo listo”, conclúe o noso cliente en Ponferrada.

Julio César ten unha mención especial para o instalador que foi “majísimo”. “Mira, vou contar un detalle que non me pasara con ningún outro operador”, advírtenos, “porque o técnico deume o seu número particular. Díxome que, se tiña calquera dúbida ou problema, o podía chamar a calquera hora, co que necesitase. Iso non cho fai ninguén”.

“O mellor servizo que tiven ata o de agora”

Á hora de valorar o servizo, asegura que está “contento”. “A cobertura é boa e a televisión é moi buena”, aclara. Aínda que non ten moito tempo para ver a tele, sorprendeulle que o noso desco permite enviar contidos dende o móbil ao televisor grazas á funcionalidade de Google Cast.

Por iso o ten claro á hora de recomendar o servicio. “A verdade é que llo estou a comentar a todos os meus coñecidos”, explica Julio César, “aínda que polo de agora é un operador non moi coñecido aquí e por iso poden ser máis reacios”.

Dende R agardamos que os nosos novos veciños nos vaian coñecendo e, sobre todo, que a experiencia de clientes como Julio César os anime a probarnos. El indica que somos a “compañía coa que mellor servizo tivo ata o de agora”.

Vantaxes

Por último, incide en que “o que me dixeron en R, cumprírono, co que todo son vantaxes”. Ademais, “non tiven que chamar para nada. Non tes que estar preocupado”, o que é algo que se agradece. Como tamén que sexamos unha empresa “máis pequena e próxima”, ofrecéndolle un trato máis personalizado.

Pola nosa parte, dámoslle as grazas a Julio César polas súas amables palabras e pola confianza á hora de apostar por R no seu servizo de telecomunicacións. Se te animas a dar o paso, como Julio César, lembra que podes contratar a través da nosa web Rfibra.com ou no teléfono 900 815 518.

Un saúdo.