O Entroido de Pontevedra é un dos entroidos máis singulares e populares de Galicia. Tradición e sátira combínanse nun programa de actividades no que non faltan o Concurso de Murgas, a Festa Pirata ou o Gran Desfile de Entroido, nin personaxes emblemáticos como o “Loro Ravachol” e o Rei Urco. En 2026, o Entroido de Pontevedra celébrase do 13 ao 21 de febreiro.
A historia do Entroido de Pontevedra remóntase á segunda metade do século XIX e en 2026 cúmprense 42 anos da recuperación da tradición do entroido na rúa.
Á algarabía das comparsas e aos vistosos disfraces únense música, baile, pasarrúas e obradoiros e animación para os máis pequenos, ademais das recreacións de entroidos tradicionais. E non poden faltar citas xa clásicas, como o Concurso de Murgas, a Festa Pirata ou o Gran Desfile.
Programa do Entroido de Pontevedra 2026

O programa do Entroido de Pontevedra inclúe desfiles, disfraces, comparsas, concursos, actuacións musicais e actividades infantís.
O Concello de Pontevedra publicou o programa completo de actividades do Entroido de Pontevedra 2026. Aquí cho contamos e, ademais, podes descargarlo neste mesmo post.
Venres, 13 de febreiro de 2026, Venres de Entroido
- 21:00 h. Praza da Ferrería: Recepción do alcalde ao Rei Urco.
- 21:30 h. Praza da Ferrería: Pregón do grupo Das Pistas.
Sábado, 14 de febreiro de 2026, Sábado de Entroido

- 16:00 h. José Malvar: Concentración de participantes no Gran Desfile.
- 17:00 h. Gran Desfile de Entroido Pontevedra 2026. Recorrido: José Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, Plaza de España, Alameda.
- 20:00 h. Praza da Ferrería: Festa do Entroido. Entrega de premios de disfraces.
Luns, 16 de febreiro de 2026, Luns de Entroido
- 17:00 h. Praza Curros Enríquez: Obradoiro infantil maquillaxe.
- 19:30 h. Praza da Peregrina: Presentación do Loro Ravachol e recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Tamén hai actuación de Os da Terra.
- 21:00 h. Pazo da Cultura: Primeira eliminatoria XXXIV Concurso de Murgas.
Martes, 17 de febreiro de 2026, Martes de Entroido

- 12:30 h. Pasarrúas de Corsarios do Lérez.
- 17:00 h. Praza da Ferrería. Festa Pirata Infantil. Animación, Os Bolechas e A Muller Orquestra.
- 18:00 h. Pasarrúas de Corsarios do Lérez e Os Piratas Gaiteiros.
NOITE PIRATA
- 20:00 h. Saída. Dende Curros Enríquez, Praza da Ferrería e Benito Corbal.
- 21:00 h. Praza de España: Desembarco e Batalla da tripulación do Burla Negra.
- 21:30 h. Praza de España: Baile Pirata. Concerto de King Africa.
- 23:00 h. Pasarrúas Pirata. Participan: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Canecos, Os 100Tolos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces e Alegría de Bora.
Mércores, 18 de febreiro de 2026
- 17:00 h. Praza da Peregrina: Obradoiro: As máscaras de Ravachol.
- 18:00 h. Casa de Cultura de Campañó: Recuperación do Entroido tradicional e A Corrida da Rosca.
- 19:00 h. Recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo.
- 21:00 h. Pazo da Cultura: Segunda eliminatoria XXXIV Concurso de Murgas.
Xoves, 19 de febreiro de 2026
- 21:00 h. Pazo da Cultura: Final XXXIV Concurso de Murgas.
Venres, 20 de febreiro de 2026
- 17:00 h. Rúa da Serra: Obradoiro infantil: Creación dunha corneta.
- 21:30 h. Prazas e rúas de Pontevedra: XXIX Mostra da Parodia do Entroido.
- 00:00 h. Praza da Ferraría: Entrega de premios daa XXIX Mostra da Parodia do Entroido.
Sábado, 21 de febreiro de 2026

- 12:00 h. Praza da Peregrina: Recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Actuación de Boa Vila e Os Alegres.
- 12:30 h. Praza da Verdura: Sesión Vermú con Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro.
- 18:00 h. Praza da Verdura. Comeza o velorio do Loro Ravachol.
- 19:30 h. Pasarrúas Santa Compaña levando a Ravachol.
- 21:00 h.
- Dende a Plaza da Verdura: Saída do cortexo fúnebre de Ravachol. Percorrido: San Román, Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría. Participan: comparsas Os Canecos, As Sonecas, Os da Caña e Alegría de Bora.
- Praza da Ferraría: Velorio Infausto.
- 22:00 h. Pasarrúas das comparsas Os Miúdos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces, Las Flores del Carnaval, Os 100Tolos e Os Solfamidas.
Personaxes populares do Entroido de Pontevedra

Un dos personaxes emblemáticos do Entroido de Pontevedra é o Rei Urco.
Personifícase na figura dun enorme can negro con orellas longas e ollos de lume que habita nas profundidades do río Lérez e a súa figura simboliza a liberdade e o permiso para o desenfreo e a diversión carnavalesca.
Urco recibe as chaves da cidade, de mans das autoridades locais, o primeiro día do Entroido e encabeza o Gran Desfile, asegurándose de que o caos se manteña en orde.
O outro personaxe protagonista do Entroido de Pontevedra é o “Loro Ravachol”.
E quen é o “Loro Ravachol”? Trátase dunha figura inspirada nun papagaio real que viviu a finais do século XIX na botica de Don Perfecto Feijoo, a máis famosa da cidade e situada na actual Praza da Peregrina, centro da vida social e dos faladoiros intelectuais da época.
Conta a historia que Ravachol se fixo famoso polo seu vocabulario "pouco apropiado" e os seus comentarios mordaces aos clientes. Así que, co tempo, converteuse en símbolo do espírito crítico e burlón da cidade do Lérez.
A súa "morte" e queima, que se celebra o sábado de Entroido, marca o fin da festa. Xa só queda un ano ata a chegada do próximo Entroido de Pontevedra.
Urco e Ravachol son os mellores anfitrións do Entroido de Pontevedra. Alí te esperan do 13 ao 21 de febreiro de 2026.
