2017 está ao virar a esquina. Empeza a conta atrás e con ela as listas de propósitos, cambios e boas ideas para o novo ano. Se xa tes a túa lista, seguro que sentes cóxegas na barriga mentres te preguntas que serás capaz de facer.
Non hai reto que non poidas superar con esforzo, ilusión e perseveranza. Pola nosa banda, propoñémosche tres para este novo ano
Introduce novas ferramentas no teu negocio
Revoluciona a túa forma de traballar e sobe todo a nube R. Así poderás acceder a toda a documentación da túa empresa a través do móbil, pc ou tablet esteas onde esteas.
Ademais, nube R dispón dunha consola coa que podes: xestionar usuarios, distribuír permisos de acceso en función de cada traballador ou compartir documentos. Este tipo de ferramentas favorecen o traballo en equipo e a xestión de proxectos nunha contorna segura e cifrada.
Se aínda non coñeces nube R, tes máis información neste post.
Pero isto no é todo. Se no 2017 comezas a facer uso dunha centraliña virtual, Vin R ou o fax virtual notarás como a tecnoloxía che axuda a minimizar custos.
Con Vin R poderás comunicarte cos teus clientes a través de videoconferencia e non terás que programar unha viaxe para resolver calquera problema.
Mentres que co fax virtual poderás xestionar todo o tráfico de fax da túa empresa a través de internet, sen necesidade de investir máquinas anticuadas.
Algo similar ocorre coa centraliña virtual, xa que che permite realizar unha xestión profesional das túas chamadas (desvíos de chamadas, multiconferencias, contestador automático, gravacións...) sen ter un equipo físico ocupando espazo na túa oficina.
Adapta o teu negocio ao social business e deseña a túa estratexia
Xa é hora de que leves “o social” á túa empresa. Isto significa que chegou o momento de que te adaptes ao social media e transformes a forma na que te comunicas dentro e fóra da túa empresa. Neste post podes ler todo o que gañarás se confías nas redes sociais.
Por suposto non esquezas que Internet non serve só para comunicarte. A rede é un gran mercado no que podes vender. No 2017, lánzate a crear o teu propio e-commerce. Axúdate deste post, no que atoparás os primeiros pasos para triunfar na economía dixital.
Segue aprendendo e inspírate
Segue aprendendo para seguir superándote. En Galicia contas con numerosas escolas de negocio nas que formarte e mellorar a túa rede de contactos. Neste post, poderás ver onde están e que programas ofrecen.
Se o teu é a formación online, non te preocupes, na rede atoparás plataformas educativas como Coursera que conta con máis de 1.000 programas certificados pola Universidade de Stanford ou a Universitat Autonòma de Barcelona.
Acompaña a túa formación con inspiración. Durante este novo ano, non deixes de asistir a feiras, congresos e eventos como 4YFN ou TEDx Galicia. Seguro que nalgún deles descobres novos puntos de vista e coñeces persoas capaces de achegar ideas enxeñosas.
Xa ves que non faltan propósitos para o novo ano. Así que elabora a túa propia lista, esfórzate e verás como consegues o que te propoñas. Ah! e non esquezas desfrutar do camiño ata a meta.
Feliz ano novo!