menú

fax virtual R: xestiona o teu fax esteas onde esteas

27/10/2016
Blog R

O fax, esa máquina do suspense nas pelis dos 90. Que nos dis dese momento no que entraba un fax en comisaría  para dicirnos quen era o asasino. Pero os 90 quedan lonxe e as máquinas de fax pasaron case  a ser un produto mainstream.

Aínda que pareza anticuado, o fax evolucionou e segue a ser unha ferramenta valorada por moitas empresas e organismos gobernamentais. Agora úsase o fax virtual. Por que? Bueno, é máis flexible, sinxelo de usar e sobre todo, máis económico.

 

que é fax virtual R?

En R desenvolvemos o noso propio servizo de mensaxería virtual: fax.mundo-R.com para que poidas enviar e recibir faxes desde internet de forma cómoda e sen dispoñer de ningún terminal dedicado.

 

que pode facer o fax virtual R por ti?

Con fax.mundo-R.com podes:

  • Almacenar na nube todos os faxes que envíes ou recibas
  • Enviar faxes con documentos adxuntos dun tamaño máximo de 7 páxinas e 2 MB aos destinatarios que ti elixas
  • Recibir todos os faxes nas direccións de correo electrónico que ti escollas. Así todos os faxes que entren no teu número, entrarán tamén nas direccións de correo que ti queiras.
  • Consultar o estado de envío de cada fax. Así saberás se se procesou ou se xa se enviou.
  • Configurar as direccións que necesites para que reciban notificacións do estado do envío de cada fax
  • Crear usuarios delegados para que todos os membros da oficina utilicen fax.mundo-R.com

Ademais…

  • Poderás configurar o número de fax por defecto
  • Poderás configurar unha plantilla co logo da túa empresas para que os teus envíos sexan corporativos

 

canto custa utilizar fax virtual R na miña oficina?

É gratuíto para ti se es cliente de R e tes contratado un combo negocio con 350, 150 ou 50 megas. Entra na web de clientes de R para comezar a utilizalo.

Se aínda non tes un combo negocio, desfruta de 150 megas, wifi para o teu negocio e unha liña con tarifa plana a fixos nacionais. Pero isto non é todo, o teu combo 150 negocio tamén inclúe: 50 chamadas a TPV, axudaR, mantemento bronce e por suposto, fax virtual.

Contrata aquí ou pregunta o que precises pulsando no botón “máis info” que atoparás ao final deste post.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*