menú

nubeR profesional para negocios

13/10/2016
Blog R

Se es autónomo ou unha pequena empresa, as aplicacións cloud teñen moitas vantaxes para ti (neste post explicámosche con máis detalle porqué apostar por elas.)

Grazas ao cloud podes almacenar a información máis importante do teu negocio de forma segura e encriptada. Pero a nube é algo máis que un repositorio, xa que permite organizar equipos e facilita o traballo colaborativo.

Por exemplo, con nube R profesional dispós dunha consola desde a que podes xestionar usuarios. Desta maneira distribúes permisos de acceso á nube en función de cada persoa.

Pero isto non é o único que nube R profesional pode facer por ti. Queres saber máis? Segue lendo.

nube R profesional proporciónache 1 TB (algo así como 1.000 GB) para que almacenes toda a información do teu negocio. Así, nunca perderás nada aínda que lle suceda algo a calquera dos teus dispositivos (PC, portátil, tablet, disco duro?)

Ademais se non estás na oficina, poderás acceder de forma fácil e segura aos teus documentos, mesmo cando non teñas conexión a internet. Non, non é maxia. nube R permite marcar os teus arquivos como favoritos para que estean sempre dispoñibles.

Se decides editar os teus arquivos na nube, tamén gañas. nube R garda ata 30 versións de cada documento.Ah! e se borras algo por erro, tes 30 días para recuperalo a través da web.

Pero como dixemos antes, as ferramentas cloud ofrecen grandes vantaxes para o traballo colaborativo como: traballar con cartafoles compartidos, o control de versións ou a asignación de permisos para que o teu negocio, provedores e clientes traballen xuntos.

Grazas a nube R a información de todos os teus proxectos estará centralizada,  garantida e sempre dispoñible. Así cada un dos usuarios que participen nun equipo de traballo terán sincronizada en calquera dispositivo toda a documentación que necesiten. É tan práctico que poderán ata imprimir de xeito remoto.

Para coñecer máis vantaxes de nube R profesional podes consultar o manual aquí. Se che sabe a pouco, contas con máis información en respuestas.mundo-r.com.

Se es dos que necesita dixitalizar o seu negocio e profesionalizar o traballo en equipo  as solucións na nube poden ser unha gran opción para ti. Atréveste a subir o teu negocio a nube R profesional?

No o penses moito e aproveita que si contratas agora, os tres primeiros meses son gratis 

(pincha neste botón para solicitar máis info)

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios