menú

Volve o TEDx Galicia

22/07/2016
Blog R

Se buscas inspiración e escoitar novas ideas, esperamos que non perderas o TEDx Galicia 2016.

A pasada fin de semana tivo lugar na Cidade da Cultura a súa sexta edición. As entradas esgotáronse o 2 de xuño e non é de estrañar.

Este ano os relatorios centráronse na idea: de que está feito o futuro? que convida a reflexionar como inflúe no noso pasado, presente e futuro todo o que facemos día a día.

A xornada arrincou por primeira vez ás 11 da mañá e retomouse ás 5 da tarde despois dunha distendida sesión vermú onde relatores e asistentes puideron compartir ideas e impresións.

A artesá Idoia Cuesta, o deseñador Juan Ares, a economista María Loureiro ou a pintora Dores Allegro foron algúns dos relatores que pasaron polo escenario do TEDx. Tamén o fixeron cómicos como Victor Grande, o arqueólogo José Manuel Costa, Chus Prol, responsable do espazo de coworking Doutroxeito ou Nacho Carretero, autor de Fariña (non perdades este post coa entrevista que lle fixemos fai un tempo)

Non sabemos que ten o TEDx que algúns se atreveron a repetir, como Belén Varela, que foi unha das participantes da primeira edición alá por 2010. Podes ver o seu primeiro relatorio aquí.

Se volo perdestes, non vos preocupedes, todos os relatorios estarán dispoñibles na súa canle de youtube. Mentres podedes deleitarvos cos relatorios doutras edicións. Aquí tedes, para nós, as máis inspiradoras.

A cabeza non para e o equipo de TEDx Galicia xa está a se preparar para facelo mellor en 2017. Se tedes algunha proposta, non dubidedes en escribirlles a info@tedxgalicia.com

Nós xa estamos preparando o boli para apuntar a próxima cita no calendario.

imaxe: flickr/TEDxGalicia

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios