menú
vin-R

Videoconferencia: leva o teu negocio alí onde necesiten de ti

02/04/2015
Blog R

Sabémolo! Se acabas de arrincar cun novo negocio tes de todo: trámites por facer, dúbidas que resolver, provedores na porta, milleiros de chamadas e centos de correos electrónicos por atender. O único que che falta é tempo…

Para que poidas sobrelevar eses primeiros meses de “tolemia transitoria”, recomendámosche optimizar o teu tempo recorrendo á tecnoloxía. Hai solucións de comunicación para empresas que che poden axudar a gañar eficacia no día a día. Probaches a empregar a videoconferencia para manter reunións a distancia? Se aínda es reticente, consulta as novas solucións dispoñibles no mercado: son doadas de empregar, ofertan calidade no sinal e non precisan equipamento especial.

Vantaxes da videoconferencia

Se aínda es dos que prefires falar co teu cliente ou co teu provedor cara a cara, permítenos que che fagamos cambiar de idea. Descubre as vantaxes da videoconferencia:

  • Aforra custos. Parácheste a pensar no que gasta a túa empresa en desprazamentos? Tanto se o teu negocio é multisede coma se tes que desprazarte a visitar clientes ou a impartir formación, a videoconferencia permitirache aforrar en traslados innecesarios. A tecnoloxía permíteche ver o teu interlocutor e falar con el compartindo, ademais, a pantalla do teu ordenador para que as reunións sexan máis produtivas.
  • Gaña en eficiencia reducindo viaxes e aforra ese café de compromiso! Gaña en operatividade. Non apraces a toma de decisións pola necesidade de reunir a varias persoas! As solucións profesionais de videoconferencia garanten calidade de conexión suficiente para que poidas organizar reunións de ata 25 asistentes. Poderás convocalos para facer presentacións comerciais ou ‘demos’ dos teus produtos con calidade HD e con garantías de que o sinal non se interromperá. Ademais de gañar en eficiencia, estarás creando imaxe de marca: unha empresa innovadora e moderna.
  • Sempre conectado dende calquera dispositivo. Non precisarás de grandes investimentos en equipamento. As solucións profesionais permitiranche aforrar custos sen novos investimentos. Poderás manter unha videoconferencia coa cámara web do teu ‘PC’, do teu portátil ou do teu móbil.

Para que podo empregar a videoconferencia?

A videoconferencia facilita os entornos colaborativos no traballo. Pode axilizar o día en empresas de sectores moi diversos: profesionais liberais que precisan atender clientes en diferentes localizacións; servizos técnicos que resolven incidencias a distancia; empresas que imparten formación; contact centers que precisan pechar ventás con apoio visual ao cliente ou empresas de recrutamento profesional.

Nun mercado globalizado, as solucións de videoconferencia son imprescindibles nas novas empresas. Se queres incorporar esta tecnoloxía de valor ao teu negocio pero aínda non estás convencido dos seus ‘pros’, en R invitámoste a probala cunha demo gratuíta de Vin, o noso servizo de videoconferencia para empresas. Só terás que enviar un correo para reunirte con calquera!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*