menú

Economía dixital: tes unha estratexia para vender por internet?

02/08/2015
Blog R

Se es un emprendedor e estás a pensar en facer triunfar a túa idea no mundo dos negocios, non poderás obviar internet. A economía dixital é hoxe unha gran fonte de oportunidades para as empresas. Dá igual que o enfoque do teu negocio sexa offline, acabarás precisando a rede para captar clientes, para comunicarte con eles ou para fidelizalos. 31 millóns de españois son internautas e precisarás contactar con eles ou que eles te atopen a ti.

Para os que o seu core de negocio sexa vender por internet, neste post atoparás seis consellos para mergullarte con éxito na economía dixital. Are you ready?

Que necesito para vender por internet

O primeiro, unha estratexia

Coñeces o dito “o que non se prevé coa cabeza aguántase coas costas?” Grava esta frase e deseña unha estratexia para facer triunfar a túa idea de negocio na internet. Uns bos cimentos son a clave para obter rendibilidade da túa presenza na internet. Estuda á competencia, identifica o teu target e o elemento diferenciador do teu negocio, deseña a túa presenza dixital, un plan de márketing online para promocionar o teu negocio e un plan de comunicación. Se todo está por escrito, será máis fácil ir cumprindo obxectivos.
 

O segundo, a presenza

Unha vez definidos os obxectivos do teu negocio e o teu público obxectivo, será máis fácil decidir que tipo de presenza online necesitas. Por exemplo, se vas vender por Internet integra dende un principio a túa web e a túa tenda online. Vas ter un blog? Decide en que redes sociais queres ter presenza. Selecciona. É preferible comunicar en menos redes e facelo con frecuencia. Precisas unha aplicación móbil? Serán decisións que terás que tomar e que deberán estar previstas na estratexia online.
 

O terceiro, unha boa infraestrutura tecnolóxica

Non importa o tamaño do teu negocio, se vas vender por internet precisas unha sólida infraestrutura tecnolóxica. Contrata un servizo profesional de atención a empresas, non te podes permitir que a túa tenda online peche as súas portas por un fallo no servizo da internet. A rede é o teu local de traballo, protéxeo. Non esquezas a seguridade! Para gañar a credibilidade dos teus clientes é preciso que lles ofrezas seguridade nas túas transaccións por internet. Se nos inicios precisas conter o gasto, consulta ao teu provedor de servizos, pódeche ofrecer solucións de aloxamento profesional.
 

O cuarto, a captación

Unha vez que xa decidiches onde vas estar, se vas vender por internet precisas un plan de captación de clientes. O habitual é repartir o teu investimento entre un 40% na plataforma (e-commerce) e un 60% no plan de marketing online. A primeira será un investimento inicial aínda que deberás adicar parte do teu orzamento á “actualización tecnolóxica”, o segundo require un investimento periódico.

Dentro do plan de marketing online, unha parte importante do orzamento destinarase ao posicionamento en buscadores. Cunha cota do 90% en España, se o teu negocio non é visible en Google, esquécete de que os teus clientes te atopen ou saiban quen es. A estratexia SEO é imprescindible no inicio dun negocio por Internet. Se es amigable aos buscadores, será máis fácil que te sitúen cando vaias actualizando o teu contido.

Un bo posicionamento non é a única vía para gañar visibilidade na internet. Podes deseñar campañas puntuais de publicidade tanto en buscadores (SEM) como en medios online. E unha vez teñas unha sólida base de datos de clientes, non esquezas fidelizalos con campañas de email marketing. Hai moitas maneiras en online de conquistar aos teus clientes, só debes atopalas.
 

O quinto, a fidelización

Na web 2.0 a interacción é continua. Nos primeiros meses deberás deixar a pel para estar en todos os lados. A presenza na internet garante chegar a moitos potenciais clientes, pero tamén debes estar disposto a escoitalos e a darlles resposta. Emprega as redes sociais para mellorar a atención ao cliente e non descoides os correos que recibas na túa dirección de contacto. As novas tecnoloxías potenciaron a comunicación co cliente, sácalle partido. Utiliza o marketing de contidos para axudarlles a tomar unha decisión de compra, para dicirlles como utilizar mellor os teus produtos. Lembra que os teus clientes serán os teus mellores embaixadores na internet cos seus comentarios e as súas recomendacións. O sexto, a optimización
 

O sexto, a optimización

Na internet todo se mide, analiza as túas visitas e o seu comportamento para mellorar o teu negocio. O 40% das túas visitas caen nunha páxina determinada, aproveita para optimizala. Tes un produto estrela? Redacta un post no blog con aplicacións prácticas sobre el. O teu negocio online debe estar en continua revisión, non só pola constante renovación tecnolóxica, senón para mellorar a túa rendibilidade.

Tes ganas de vender por Internet? Se é así, benvido á economía dixital. Deseña a túa estratexia, identifica o teu público obxectivo, mantente ao día tecnoloxicamente e en R encargarémonos de ser o teu soporte para que o teu negocio sexa un éxito.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*