A ciberseguridade deixou de ser unicamente unha cuestión tecnolóxica para converterse nun factor crítico de continuidade, competitividade e confianza empresarial.
Nun escenario marcado por novas ameazas, intelixencia artificial, regulación, dependencia tecnolóxica e riscos sobre infraestruturas e cadeas de subministración, esta quinta edición de Ciberseguridade e Cibertech propón unha mirada transversal sobre como deben prepararse hoxe as organizacións para ser máis resilientes mañá.
Unha xornada para conectar empresa, tecnoloxía e coñecemento, compartir experiencias e analizar os principais retos que marcarán a axenda da ciberseguridade nos próximos anos.
INSCRICIÓN
PROGRAMA
- 09:30 h: Café benvida - networking e recepción. Alfredo Ramos
- 09:45 h: Apertura.
Ciberseguridade nun novo escenario de risco
Benvida e apertura da xornada.
Unha primeira mirada a un contexto no que a ciberseguridade se consolida como un elemento estratéxico para a continuidade do negocio, a competitividade e a confianza.
- 10:15 h: Conversación - Resiliencia
Ciberseguridade, infraestructuras e resiliencia empresarial
Ponente: David Ortega
Como están a cambiar as ameazas? Estamos preparados para responder cando a
tecnoloxía, as comunicacións, os provedores ou as infraestruturas se converten en obxectivo?
Unha conversación sobre novos riscos, anticipación, resposta e resiliencia operacional.
- 11:00 h: Conversación - Regulación e risco
De cumprir a estar preparados
Ponente: Susana Rey
DORA, NIS2, Cyber Resilience Act, terceiros, intelixencia artificial, novos marcos de seguridade....
A regulación está a ampliar as responsabilidades das organizacións e conectando cada vez
máis ciberseguridade, risco, compliance, tecnoloxía e negocio.
Que cambia realmente para as empresas? Como transformar las novas esixencias nunha
oportunidade para reforzar a organización?
- 11:40 h: Cibertech - Novas ameazas, novas respostas
Tecnoloxía fronte a un escenario de risco en transformación
IA · guerra híbrida · identidade dixital · criptografía post-cuántica · comunicacións · infraestruturas
A transformación do risco obriga tamén a transformar a resposta tecnolóxica.
Que ameazas que parecían futuras empezan xa a ter implicacións reais para as empresas? Que novas capacidades tecnolóxicas necesitaremos para anticiparnos?
- 12:10 h: Conversación - Talento
Temos os profesionais que imos necesitar?
Ponente: Ana Fernández Vilas
A demanda de capacidades en ciberseguridade medra ao mesmo ritmo que as ameazas, a tecnoloxía e a regulación.
Que perfís necesitan hoxe as empresas? Como acelerar a formación e actualización de profesionais? Que papel poden xogar universidades, empresas e novas fórmulas de capacitación?
- 12:30 h: Conversación final
Ciberseguridade 2027: onde deberiamos poñer agora o foco?
Ponente: David Ortega
Unha conversación aberta entre empresa, tecnoloxía e coñecemento para identificar os desafíos que marcarán os próximos meses: risco · IA · regulación · terceiros · talento · resiliencia
Que deberiamos estar a facer hoxe para estar mellor preparados mañá?
- 13:15 h: Cibertech Networking
Un espazo para prolongar as conversacións, compartir experiencias e xerar novas conexións ao redor da ciberseguridade e a transformación tecnolóxica.
__________________________________________________________________________
cando?
Martes, 17 de novembro de 2026
onde?
Círculo de Empresarios de Galicia - Vigo (Avd. García Barbón, 62)
Virtual – Plataforma Web (en liña)
a que hora?
09:30