Ola. Como sabes, podes levar parte da nosa televisión no teu peto grazas ao servizo tv comigo.

Podes ver varias canles e contidos de rebobina no móbil ou ben a través dun ordenador ou portátil mediante Google Chrome, en tv.mundo-R.com

Android e iOS

Inicialmente lanzamos a app en Android, pero tamén contamos coa app para iOS.

Dese xeito tamén poderás desfrutar da televisión R no teu iPhone ou iPad.

Ata cinco usuarios 

Lembra que en tv comigo se poden conectar ata cinco usuarios de forma simultánea. Só tes que crear os teus usuarios delegados.

Ademais, non hai límite de minutos fóra da rede de R. É dicir, que podes ver as horas que queiras.