Sabes dende hai canto tempo temos rebaixas? Remóntate á época dos teus avós e acertarás. E é que os descontos chegaron aquí hai algo máis de 80 anos.

E en R mantemos viva esta tradición para que estrees os mellores móbiles aforrando un diñeiriño: Samsung Galaxy A12 dende 6€/mes e Oppo A94 por 12€/mes.

Curiosidades das rebaixas

Deixámosche algúns datos curiosos que igual non coñecías:

  • As rebaixas veñen dos EE.UU. e a súa orixe está no descenso do consumo tras a Gran Depresión.
  • Aquí chegaron unha década despois, a principios dos anos 40.
  • A idea orixinal era baixar o prezo á mercadoría que non se vendera na tempada para darlle saída.

Esa formulación foi cambiando e hoxe en día podes gozar de descontos durante case todo o ano.

Agora que xa sabes de onde veñen, aprovéitate do máis por menos de R.

Samsung Galaxy A12 dende 6€/mes

Samsung Galaxy A12 dende 6€/mes

O Galaxy A12 permíteche ver máis e mellor, grazas á súa pantalla Infinity-V de 6,5 polgadas.

Para inmortalizar todos os teus plans, contas cunha cámara cuádrupla de 48+5+2+2 MPX. Ten ángulo de visión de 123 graos para as panorámicas, efecto desenfoque en retratos e en imaxes de pequeno detalle.

A cámara frontal de 8 MPX permitirache facer selfies impresionantes que mostren máis ou menos o fondo.

E fai todas as que queiras, non te cortes. Tes 64GB de almacenamento, que podes ampliar cunha tarxeta microSD (ata 1TB).

Para aguantar o teu ritmo todo o día, o A12 incorpora unha batería de 5000 mAh con carga rápida.

Consigue en R o teu Samsung Galaxy A12 dende 6€/mes.

Oppo A94 por 12€/mes

Oppo A94 por 12€/mes

Ultrafino e ultralixeiro. Así é o Oppo A94, un móbil de 6,43 polgadas con carga rápida 30W, en 5 minutos terás batería para case 3 horas de chamadas.

Pero un dos seus puntos fortes é sen dúbida, a cuádrupla cámara traseira 48+8+2+2 MPX con efecto de desenfoque dinámico e IA para optimizar as túas imaxes.

Conseguirás uns resultados moi pros nos teus vídeos, especialmente nos nocturnos, grazas ao algoritmo Ultra Night Video. Ademais, podes gravar simultaneamente coas cámaras traseira e frontal en modo de pantalla dividida. A cámara selfie ten 16 MPX.

E se xogas a través do móbil, o seu Game Focus Mode ofréceche unha experiencia inmersiva sen interrupcións.

Ten capacidade de 128GB de almacenamento, 8GB de RAM, procesador 5G de oito núcleos con frecuencia CPU de ata 2,4 Ghz e sistema operativo Android 11.

E o Oppo A94 é teu en R por 12€/mes.

Entra na tenda móbilR e non deixes pasar as rebaixas.