Chega o verán, pero iso non significa que a televisión vaia de vacacións. Todo o contrario, este mes chega cargado de series na televisión da que podes gozar a través de R. Estreamos os novos capítulos de Black Sails - T2 en aberto e dúas novas series: Irreverent e The Blind Detective. Tampouco te podes perder o especial do 80 aniversario do Día D, as 24 horas de Le Mans, a Cocina con vistas al mar ou a nova serie Ariel para os máis peques.

Tampouco faltarán novidades nas túas plataformas favoritas, como o desenlace de The Bridgertons - T3 en Netflix ou os novos episodios de La Casa del Dragón - T2 en MAX. Consulta aquí as mellores estreas de xuño.

Xtrm en aberto coa T2 de Black Sails: dial 5

Black Sails T2 en Xtrm

A canle con máis acción e ciencia ficción en xuño en aberto na televisión da que podes gozar a través de R. Durante todo o mes podes gozar das mellores series e thrillers en Xtrm. E, sobre todo, non podes perderte a estrea de Black Sails - T2. A serie está baseada na novela A Illa do Tesouro e conta as aventuras do famoso pirata Capitán Flint co seu escudeiro Long John Silver.

Irreverent, en Star Channel: dial 20

Irreverent en Star Channel

A nova serie de Star Channel engancharáte dende o primeiro momento. Despois dunha negociación fallida dun atraco, un mediador criminal de Chicago vese obrigado a fuxir a unha pequena cidade australiana. E para esconderse dos que andan detrás del, non se lle ocorre mellor maneira que facerse pasar polo novo reverendo da igrexa. A serie é Irreverent e podes comezar a vela en Star Channel en xuño.

  • Estrea: mércores, 5 de xuño, ás 22:00 h. en STAR Channel (dial 20)
  • Emisión: todos os mércores, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: no rebobina

The Blind Detective, en COSMO: dial 25

COSMO presenta a súa nova serie na que coñeceremos o ex policía Alex Haller, que perdeu a súa muller e quedou cego nunha explosión, e agora busca xustiza coa axuda das capacidades sensoriais que desenvolveu do taxista Niko. En The Blind Detective Alex acabará descubrindo unha rede de tráfico de mozas e algunhas irregularidades na policía.

  • Estrea: luns, 10 de xuño, ás 22:30 h. en COSMO (dial 25)
  • Emisión: todos os luns, ás 22:30 h.
  • Baixo demanda: no rebobina

Especial 80 anos do Día D, en Historia: dial 52

Especial 80 años del Día D en Historia

Canal Historia ofréceche a programación máis completa para conmemorar que o 6 de xuño se cumpren 80 anos do Día D. Prepárate para descubrir toda a historia que hai detrás da historia neste especial de máis de 25 horas de contidos para comprender as dimensións desta operación dos aliados na Segunda Guerra Mundial. Contaremos con estreas destacadas como Día D: cien días para vencer al Tercer Reich ou Día D: la historia de los soldados.

  • Estrea: xoves, 6 de xuño, ás 22:00 h. en Historia (dial 52)
  • Emisión: todos os xoves, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: no rebobina

Con vistas al mar, en Canal Cocina: dial 58

Con vistas al mar en Canal Cocina

É chegar o verán e xordennos as ganas de ir a unha terraza ou a un restaurante con vistas ao mar. Canal Cocina sábeo e tráeche unhas cantas ideas en Huelva, Lanzarote, Castellón, Conil, Alacante, Chiclana... e un gran número de localidades da costa onde gozar das mellores viandas destas localidades: unha dorada á espalda, un saboroso arroz, un abundante marmitako e moitos máis pratos coas mellores vistas de agasallo. Con vistas al mar descóbrenos en cada episodio tres restaurantes que podes ter en conta para as túas vacacións.

  • Estrea: luns, 3 de xuño, ás 23:00 h. en Canal Cocina (dial 58)
  • Emisión: todos os luns, ás 23:00 h.
  • Baixo demanda: no rebobina

​​​​​​​E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
24 horas de Le Mans, en Eurosport 1: dial 70

24 horas de Le Mans en Eurosport

Os amantes do motor saben que o mes de xuño é un dos máis esperados. Toda a emoción dunha das carreiras de resistencia máis esixentes, as 24 horas de Le Mans, chega a Eurosport. No circuíto da Sarthe participarán 62 coches con tres pilotos cada un, entre eles o español Álex Palou, dobre campión de IndyCar. Poderá a súa equipa gañar as 24 Horas de Le Mans? Descúbreo do sábado 15 ao domingo 16 de xuño en Eurosport.

Ariel, en Disney Jr: dial 82

Si, con escoitar o seu nome xa se delata. Como era de esperar Ariel está inspirada en La Sirenita, e é a nova produción musical para preescolares que Disney Jr estrea en xuño na televisión que podes gozar a través de R. Ariel é unha serea de 8 anos que vive aventuras impensables cos seus amigos por todo o mundo da Atlántida. Pasarédelo moi ben con Ariel, a tía Úrsula ou o Rei Tritón.

  • Estrea: sábado, 29 de xuño, en Diseny Jr (dial 82)
  • Emisión: sábado e domingo
  • Baixo demanda: no rebobina​​​​​​​

Destacados en Netflix, Prime Video e Max

Los Bridgerton - T3, en Netflix

A espera foi longa, pero o segundo lote de episodios dos Bridgerton – T3 finalmente chega a Netflix en xuño. Neles poderemos ver a Penélope Featherington, que tras perder a esperanza de conquistar a Colin Bridgerton, decide buscar marido. Colin volve das súas viaxes e axudaralle con esta tarefa, pero os sentimentos acaban mesturándose. Que pasará con Penélope e o seu personaxe secreto como Lady Whistledown?

  • Estrea: xoves, 13 de xuño en Netflix.

The Boys - T4, en Prime Video

Prime Video agasállanos con outra tempada da serie máis irreverente do momento: The Boys – T4. Carnicero e a súa xente están máis divididos que nunca. Con só uns meses de vida e a perda do fillo de Becca, terá que colaborar cos outros The Boys para salvar o mundo, agora que Victoria Neuman se achega ao Despacho Oval coa axuda de Patriota. A partir do 13 de xuño estarán dispoñibles os novos episodios.

La Casa del Dragón - T2, en MAX

En xuño chegan a MAX os 8 novos episodios de La Casa del Dragón, a precuela de Juego de Tronos. Se es fan de todo o mundo creado por George R.R. Martin, esta serie céntrase na casa Targaryen, 200 anos antes da historia que vivimos en Juego de Tronos e está baseada no libro Fuego y sangre. Non te perdas La Casa del Dragón - T2 este mes de xuño en MAX.

  • Estrea: luns, 17 de xuño en MAX.

A calor de xuño non fai que se agochen as estreas, hai de todo e para todos os gustos. Só tes que refrescarte e gozar de todas estas estreas na televisión que podes gozar a través de R.