Incorporamos máis móbiles ao catálogo porque sabemos que é un bo momento para cambiar de teléfono despois das “vacas”. Cando compras un novo, moitas veces metes o anterior nun caixón e esquéceste. Confesa, cantos tes aí abandonados? Hoxe dámosche uns consellos para reciclar o teu vello móbil.

Borra toda a info

Antes de desfacerte do teu teléfono, debes asegurarte de eliminar todos os datos que fuches gardando: contactos, mensaxes de WhatsApp, fotos, etc. Pero ollo, se non queres perdelos para sempre, asegúrate de gardalos antes na nube.

Segue estes pasos:

  • Fai unha copia de seguridade na nube de todos os datos que queres conservar.
  • Cifra os datos, para que ninguén poida velos. Pódelo facer dende os axustes de seguridade do teu móbil: elixes a opción “cifrar teléfono” e metes un contrasinal seguro. En iOS, os datos cífranse de forma automática cando o móbil está protexido cun código ou Touch ID.
  • Restablece os valores de fábrica para eliminar todo o teu rastro.

    • Android: dependendo do móbil, a opción “restablecemento” aparecerache nun lado ou outro. Adoitan estar nas pestanas de Seguridade, onde debes seleccionar a función “eliminar todos os datos (reseteo de fábrica)” ou “restablecer teléfono” (o nome pode variar).
    • iOS: vai á opción axustes, pulsa “xeral” e despois “restablecer”. A continuación, dálle a “borrar contidos e axustes”. Pode pedirche o contrasinal do ID de Apple ou o código. Finalmente, confirma que queres borrar o dispositivo.

No caso das tarxetas SIM ou microSD para ampliar memoria, destrúeas se non a vas reutilizar noutro teléfono.

Lleva tu viejo móvil a un punto limpio

Leva o teu vello móbil a un punto limpo

Se non lle vas dar o teu móbil vello a un familiar ou non decides doalo (a Oxfam Intermón ou Amnistía Internacional, por exemplo), desfaite del nun punto limpo.

Non, os móbiles non van ao contedor amarelo. Decátate de que están feitos de materiais moi distintos, como plástico, vidro ou metais. Así que, para tiralos de forma adecuada, cómpre que os leves a un punto limpo, onde separan os compoñentes para que poidan ser usados de novo. Atopa aquí o teu punto limpo máis próximo.

Con este pequeno xesto, faraslle un gran favor ao planeta 💚. É responsabilidade de todos!

E o dito, se estás a pensar en xubilar o teu vello móbil, bótalle un ollo ás nosas ofertas móbilR.

E ti, que xestos fas para coidar o planeta?