Facendo honra á nosa fama: depende. Se falamos de felicitar as festas á familia, por WhatsApp ou chamada de teléfono; e se é aos/ás colegas, rotundamente en persoa. Por carta só queda un 5% e por pomba mensaxeira, non preguntamos ;)

Estas son as conclusións da enquisa que realizamos sobre hábitos de consumo de telecomunicacións durante o Nadal en fogares de Galicia.

Sabías que un 3% dos/as enquisados/as asegura que non felicita o Nadal?

Segue lendo, porque as conclusións din moito de como somos.

WhatsApp

Bo Nadal por WhatsApp

Os galegos e as galegas tiran de WhatsApp para desexarlles felices festas aos/ás seus/súas. É verdade que dá moito xogo para mandar gifs de Mariah Carey e emojis sen fin. É a opción elixida polo 45% dos/as enquisados/as.

Moi de preto están as felicitacións por teléfono. En concreto, o 42% dos/as galegos/as. Poida que a conversación se alongue e remates falando co/coa curmán/á de cando xogabades de pequenos/as no pobo; é o que ten o espírito do Nadal, que nos pon nostálxicos.

Se queremos felicitar aos/ás amigos/as, témolo claro: nada de dispositivos e máis apertas. Gústanos desexarnos o mellor estes días en persoa. Ata un 65% de galegos e galegas votaron esta opción. Séguelles unha chamada de teléfono para o 32% que felicita ás amizades e un 26% aos/as coñecidos/as.

As cartas e postais de sempre parecen quedar no esquecemento e só utilízaas un 5% das persoas cando llelas envía a familiares. O envío é inexistente no caso de dirixirse a amigos/as.

Por videochamada, que tanta vidiña nos deu na pandemia, felicitan un 9% dos/as galegos/as cando o fai coa familia, un 4% para falar cos amigos e un 3% aos/ás coñecidos/as.

¿Cómo felicitamos las fiestas en Galicia?

Cambiamos algo dende o Nadal pasado?

Pois a maioría non, o 86% segue felicitando o Nadal como antes da pandemia.

O restante 14% que si cambiou certos hábitos, fíxoo chamando máis, o 72% dos galegos e galegas; enviando máis WhatsApps, o 38,9%; e facendo videochamadas, o 22,2%.

E aínda que a maioría das persoas, un 58%, mantén durante todo o ano os mesmos hábitos de consumo de telecomunicacións, hai un 22% que estas festas funde o teléfono a chamadas e WhatsApps, aumentando o seu uso con respecto a outras épocas.

Un 9% ve máis a tele en Nadal, para non perder os clásicos de todos os anos, e un 7% fai máis videochamadas, para brindar cun gorro ou unhas orellas de elfo.

Sexas como sexas, deséxalles sempre o mellor aos/ás teus/túas.

E ti, identifícaste con estes resultados? Cóntanos como felicitas as festas.