Entre os lugares máis cotizados e buscados de cada verán figuran, nun lugar ben destacado, os chiringuitos. Eses locais a pé de praia que ofrecen unha mestura imbatible de música, gastronomía e mar, nos que as horas se pasan voando e dos que te resistes a irte. Aquí tes a nosa pequena selección de chiringuitos de praia en Galicia.

Chiringuito A Boa Vida, na Illa de Arousa

Empezamos o noso percorrido por chiringuitos galegos en A Boa Vida, localizado na Illa de Arousa.

Por unha banda, coctelería clásica, na que non faltan os mojitos, daikiris de sabores, caipirinhas ou caipiroskas.

Para comer, a nosa recomendación: probar o pan bao de polbo con queixo de San Simón, a croca de vaca ou o paté de mexillón de elaboración propia.

E todo iso gozando das fantásticas vistas e de espectáculos e música en directo.

Chiringuito Sinas, en Raxó

chiringuitos galicia sinas
Fonte: Chiringuito Sinas

Apetéceche tomar a pé de praia unhas sardiñas frescas á brasa, acompañadas de cachelos, pementos de padrón ou pan de millo?

Pois toma nota do chiringuito Sinas, en Raxó.

Ademais de boa comida e música en directo, terás wifi gratuíto e mesmo mantas á túa disposición se refresca o día.

Unha chea de detalles que o catapultaron, por votación popular, como o mellor chiringuito de España.

Náutico de San Vicente, no Grove

Un clásico de praia é o Náutico de San Vicente. Atopámolo na praia da Barrosa, en San Vicente do Mar (O Grove), a escasos metros do carreiro de Pedras Negras.

Non admite reservas: para comer ou cear, tes con ir, pedir a comida e coller unha mesa libre.

Alí poderás gozar da cociña da Radio Pepe Solla e da mellor música en directo. O cartel de concertos do local é un segredo moi cobizado; quen sabe, quizais escoites esa mesma noite en directo a Iván Ferreiro, a Coque Malla, ou a Cómplices...

Chiringuito Galifornia Beach Bar, en Bueu

chiringuitos galicia galifornia beach
Fonte: Galifornia Beach Bar

Un dos chiringuitos de praia máis famosos das Rías Baixas é Galifornia Beach Bar. Está en plena praia de Tuia, en Bueu.

Os seus mojitos e os seus cócteles, con e sen alcol, triunfan entre os moitos que se achegan a gozar descalzos sobre a area da comida, da música en directo (no verán, rara é a tarde que non hai DJ) e das postas de sol.

Chiringuito As Furnas, en Porto do Son

chiringuitos galicia as furnas
Fonte: As Furnas

Un chiringuito sostible no que podes tomar un viño, unha cervexa ou un cóctel mentres gozas da posta de sol ou dunha noite estrelada co mar de fondo.

Ou tomar algo cando teñas fame, xa que a cociña abre de forma ininterrompida dende a 09:00 h ata a 23:00 h.

Ese lugar é o chiringuito Furnas Chiringo Surf e está ao pé da praia das Furnas, en Porto do Son.

Chiringuito Los Pinares, en Cabanas

chiringuitos galicia pinares
Fonte: Chiringuito Los Pinares

Outro local recoñecido nas mellores clasificacións (neste caso, na mismísima listaxe Forbes) é o chiringuito Los Pinares, situado, literalmente, na area da praia de Cabanas.

Fai gala das súas racións e tapas con sabor a Galicia e dos seus fantásticos arroces, dende o clásico, con berberechos, á paella negra con lura e alioli ou á paella de algas.

O que naceu como un merendeiro para pescadores nos anos 50 é hoxe un dos chiringuitos de referencia de Galicia (e no estranxeiro).

MaBa Playa Lóngara, en Barreiros

chiringuitos galicia maba
Fuente: MaBa Playa Lóngara

Na Mariña de Lugo, en Barreiros, atopamos un chiringuito cuxo nome xa nos indica onde se atopa: MaBa Playa Lóngara.

Un local no que podemos tomar un bo almorzo, a base de torradas, bolería e zumes naturais; comer unha pizza artesanal (tamén hai opcións vexetarianas); ou deleitarnos con algún orixinal cóctel mentres gozamos das espectaculares vistas.

Chiringuito O Rincón a pé de Praia, en Burela

chiringuitos galicia rincon pe praia
Fonte:

Boa comida, localización a pé de praia e, ademais, música en directo. Que máis se lle pode pedir a O Rincón a pé de Praia?

Este local é un dos chiringuitos máis populares da Mariña de Lugo e tira de produtos locais de calidade para confeccionar a carta, así que a súa especialidade é o bonito de Burela á brasa.

Un consello: está moi solicitado e non é demasiado grande, así que aconsellámosche reservar previamente.

Chiringuito Playa de Lires, en Cee

chiringuitos galicia lires
Fonte: Playa de Lires

Unha das mellores postas de sol de Galicia podes gozala dende a terraza do Playa de Lires, en Cee.

Mellor aínda se a acompañas cunha boa ración de luras, percebes ou zamburiñas.

Máis de 40 anos leva aberto este local, un dos máis emblemáticos da Costa da Morte.

Chiringuito O Alpendre, en Doniños

chiringuitos galicia alpendre
Fonte: O Alpendre

O Alpendre é un chiringuito con terraza á beira da praia de Doniños, unha das máis coñecidas da zona de Ferrol.

Abre tanto no verán como no inverno e a súa cociña é tan sinxela como rica, destacando a tortilla de patacas.

Imos de chiringuito? Toma nota da nosa selección de chiringuitos de praia imprescindibles en Galicia.

Fonte imaxe de cabeceira: Chiringuito Sinas.