Ola. Moitos clientes levan pedíndonos dende hai tempo máis opcións no servizo móbil, para poder gozar do servizo sen medo a gastar datos. Unha das cousas que nos solicitaban eran bonos ilimitados de datos para determinadas aplicacións. Así que meu dito meu feito. Aquí os tes.

Non creamos nin un, nin dous, nin tres, senón catro bonos ilimitados. Sabemos que uns clientes pasan máis tempo nas redes sociais, outros vendo vídeos ou escoitando a súa música favorita, así que pensamos nas aplicacións máis habituais e reunímolas en bonos específicos.

bono redes

Os nomes dos bonos, como podes comprobar, son bastante descritivos, co que queremos que teñas claro o seu uso. Neste caso, podes contratar o bono sobre a túa tarifa e, aínda que esgotes os datos, poderás seguir usando as túas aplicacións sociais a esgalla. Que aplicacións? Pois por exemplo Whatsapp, Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin, Snapchat, Tinder, Flickr, Tumblr, Badoo, Meetic, Periscope, Telegram, Wechat e Messenger. Que si, que si, que tamén metemos Tinder e Badoo 😊

bono gramola

Se o teu é escoitar música, aquí tes un bono pensado para ti. Para que cando vaias pola rúa, paseando ou facendo deporte nunca quedes sen datos para gozar do teu artista favorito. Sabemos que a máis usada é Spotify, pero tes moitas outras como Soundcloud, Apple Music, Deezer, Napster, Tidal, Google Play Music e Shazam.

bono claqueta

Luces, cámara e acción. Para os grandes consumidores de vídeos e series a través do seu móbil, creamos este bono para que nunca teñas medo de saber o final dun capítulo ou película. Que aplicacións inclúe? Youtube non podía faltar, como tampouco Netflix. Pero ademais contas con acceso ilimitado a OpenSports, BeinConnect, Amazon Prime Vídeo, HBO, Vimeo, Dailymotion, Youtube Kids, Vevo, Rakuten TV, Twitch ou YouTube Gaming.

bono fin de semana

Moitos clientes durante a semana tiran sobre todo do wifi, na oficina ou na súa casa, co que non teñen medo de quedar sen datos. Pero a fin de semana a cousa cambia, porque van a unha segunda casa sen internet fixo ou viaxan. Así que cada mega vale o seu peso en ouro. É o teu caso? Pois este bono é para ti, onde tes incluído todo o tráfico que fagas no móbil dende o venres ás 14.00 h ata o domingo ás 23.59 h.

prezo

Seguro que agora estás a dicir, “Si, interésame algún destes bonos, pero seguro que son moi caros”. Pois non. Para contratalos, só tes que ter unha tarifa móbil con chamadas ilimitadas con 10, 25 ou 50 GB. A partir de aí, todos os bonos teñen o mesmo prezo: 5€/mes.

Vamos, que é un prezo moi económico para todos os datos que podes gastar vendo vídeos, por poñer un só caso. E sempre coa seguridade de saber que navegarás á máxima velocidade.

condicións

Podes pedir un só bono, combinar varios ou collelos todos. Por exemplo coller o bono redes e o claqueta, porque estás enganchado a Instagram e ás series de Netflix. Ou ben o bono fin de semana e o Office. Ti decides.

Estes bonos non inclúen o tráfico a través dun navegador, só de aplicacións móbiles, polo que é importante que o teñas en conta. Por iso non se inclúe tampouco o tethering nin o uso en multiSIM de datos.

Ah, e se queres que incluamos algunha app neses bonos, pídenolo en [email protected]

De novo, con calquera dúbida, déixanos un comentario e responderémosche canto antes 😉

Un saúdo!

Imaxe de Bruno Gomiero