A fama das patacas Bonilla a la vista traspasou as nosas fronteiras. O seu éxito, case convertido en fenómeno social, en Corea do Sur levounos a coarse na película ‘Parásitos’ que arrasou nos premios Óscar con catro galardóns, entre eles mellor película e dirección.

Para César Bonilla, capitán da empresa familiar, que a lata de patacas máis emblemática aparecese no filme supuxo unha sorpresa, e non só iso: “Tivemos que aumentar produción pola cantidade de repercusión que a noticia tivo”.

Sobre este irresistible éxito e o segredo de por que están tan ricas, charlamos con César Bonilla.

César Bonilla -Con patacas fritas e chocolate con churros conquistaron o mundo. Pensades diversificar a máis produtos?

- Non, que va. Somos unha empresa dedicada á frita de churros e patacas, e sabemos facelo ben. Tentamos mellorar cada ano, pero non nos formulamos diversificar negocio. Bonilla a la vista leva dende 1932 fabricando churros e patacas, e, de momento, así se vai a quedar.

- Houbo un tempo en que deixaron de producir patacas e se centraron máis na venda de churros. A que se debeu?

- Cuestións de produción. Naquel momento aínda fritiamos na churraría da rúa Orzán, cando pasamos á rúa da Galera eramos poucos e non se podía atender a todo.

Bonilla a la vista, patatas de Óscar- A lata é un dos formatos máis emblemático. Como se vos ocorreu utilizar este formato?

- Cando empezamos a facer patacas fritas repartíaas eu mesmo, primeiro en bicicleta e logo en moto. Fritía toda a noite, e logo as envasadoras, que eran a miña nai e a miña esposa, enchían as latas. A lata permite conservar moi ben a pataca, e entón era moi práctico porque as levabamos aos locais, recolliamos a baleira e entregabamos unha chea. Ao final esa lata terminou por converterse en sinal de identidade de Bonilla a la vista.

- En 2013 chegastes ao Reino Unido e dise que as patacas Bonilla eran as favoritas do exalcalde Boris Johnson. Como foi este primeiro paso de internacionalización?

- En 2010 decidimos dar o salto e empezamos a vender en Barcelona. Desde alí, aos poucos, comezamos a exportar, e as patacas encaixaron moi ben no mercado anglosaxón. Logo chegaron outros países, e aos poucos fomos crecendo. Traballo duro, bo produto e moito esforzo para manter a calidade do que se fai, esas foron as claves (e a sorte, claro).

- Hai catro anos desembarcastes en Corea do Sur e o éxito non puido ser mellor. Esgotáronse en dúas horas. Esperabades esta resposta?

- Claro que non! Foi un recibimento estupendo, grazas sobre todo ao bo traballo do distribuidor coreano, Family Farm, que conseguiu xerar o interese do público.

- Por que credes que lles gustan tanto?

- Porque son o que prometen: patacas fritas, nin máis, nin menos. As nosas patacas non levan máis nada que pataca da mellor calidade, laminada moi fina, fritida en aceite de oliva, e un pouco de sal. E coidamos moito que ao envase só chegue a pataca da mellor calidade.

Bonilla a la vista, patatas de Óscar- Eles adóitanas aderezar con diferentes salsas. É un sacrilexio?

- Vaia, en Europa tamén se puxo de moda iso de “dippear”. O importante é desfrutalas.

- Estivo alí?

- Non, eu non, pero o meu fillo Fernando e o meu neto César visitaron Corea. E os distribuidores coreanos veñen con certa frecuencia á fábrica.

- Acaban de aparecer na película surcoreana “Parásitos”, gañadora de catro premios Óscar, entre eles mellor película e mellor dirección. Sabiades que ían incluír as patacas Bonilla na película?

- Para nada! Foi unha gran sorpresa! Decatámonos por amigos e clientes que nos avisaron, e dende logo foi unha sorpresa estupenda.

- Desbordado co ruído que xerou?

- Tivemos que aumentar produción pola cantidade de repercusión que a noticia tivo, pero oxalá todas as cousas nos desbordasen así. Que a xente se interese polo que feixes é sempre bo.

"Tivemos que aumentar produción pola cantidade de repercusión que a noticia tivo, pero oxalá todas as cousas nos desbordasen así"

- Viu a película?

- Aínda non, pero quero vela.

- Hai tan só unhas semanas presentastes o primeiro anuncio publicitario, moi emotivo, por certo. É a ilusión a clave do voso éxito?

- A ilusión, a boa materia prima, e o traballo ben feito para obter a mellor calidade.

- Agora, a través da recentemente estreada venda online, chegades a países como Francia, Australia, Italia ou EEUU. Dá vertixe este exponencial crecemento?

- Vertixe non. Respecto, iso si, porque somos unha empresa familiar e non queremos despegar os pés da terra. Crecer si, pero con sentido común.

- Considera abrir tendas fóra do noso país?

- Só temos tendas propias na Coruña, onde temos 6 churrarías. O resto de distribución faise a través de tendas de alimentación, colmados, tendas gourmet, algunhas grandes superficies... Nunca se sabe que deparará o futuro, pero por agora quedamos así.

- Cal é o segredo destas patacas tan ricas?

- Como che dicía, o segredo é que non teñen segredo: patacas de gran calidade, aceite de oliva, sal, bo facer no traballo e ilusión no que facemos.

"O segredo é que non teñen segredo: patacas de gran calidade, aceite de oliva, sal, bo facer no traballo e ilusión no que facemos"

- Confese, de onde son as patacas?

- Primamos a calidade por encima de todo, e eliximos sempre a mellor pataca. E como é un produto de tempada, depende da época do ano, veñen dun lado ou outro.