Chega o momento máis esperado do ano, ímos de vacacións! Ás veces liámonos a manta á cabeza e cando estamos fóra de casa é mellor ir sobre seguro. Así que recompilamos algunhas apps gratuítas de viaxe moi útiles que ademais vos evitarán cargar coa guía nunha man, o mapa noutra, a calculadora, a cámara de fotos, a mochila, a gorra, etc.

Aconsellámosvos facer uso delas antes de viaxar e se as utilizades no estranxeiro, ollo cos custos de datos; roaming e wifi sempre.

Planifica, planifica... pero sempre liberdade que estamos de vacacións:

    • TripAdvisor

Hoteis, restaurantes, puntos de interese e moito máis, con comentarios e opinións de viaxeiros. Interesante a opción "Preto de min" para descubrir posibilidades que tes próximas a ti ou de calquera dirección que introduzas.

Dispoñible no App Store e Google Play

tripadvisor_centro
    • Minube

Unha das mellores apps dos anos 2013 e 2014 segundo Google. Ademais de planificador, minube axúdache a revivir as túas viaxes de forma máxica, xa que é capaz de recoñecer a que recuncho pertence cada unha das fotografías do teu móbil.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Booking

Buscas, reservas e xestións, como consultar as confirmacións de reserva offline. Ademais sincroniza a app coa versión web para que poidas seguir dende onde o deixaches.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Airbnb

Unha das apps máis populares do momento para encontrar aloxamento en máis de 34.000 cidades. Envía mensaxes aos hóspedes e anfitrións, mira o teu itinerario, descobre destinos únicos e engade lugares aos teus wishlists.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Foursquare

Busca e descubre lugares interesantes, onde queira que esteas no mundo, déixate aconsellar polas recomendacións de expertos ou sigue persoas cos teus mesmos gustos.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Yelp

Atopa onde comer, beber, comprar, relaxarte ou divertirte. Fíxose moi popular grazas ás recensións doutros usuarios e da comunidade local.

Dispoñible no App Store e Google Play

yelp_centro
    • TouristEye

Unha guía de viaxe da factoría Lonely Planet que inclúe recomendacións e acceso a mapas offline, wishlists colaboradores, información integrada de Foursquare e moito máis.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Anaya Touring

O grupo Anaya lanzou apps de dez cidades: Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Lisboa, Londres, Nova York, París, Roma e Venecia.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Michelin Viajes

85 países e 30.000 destinos turísticos seleccionados pola Guía Verde Michelin. Personaliza o teu caderno de viaxe e descárgao para consultalo sen conexión de forma gratuíta en calquera lugar do mundo: en Niza, París, Londres, Nova York, Barcelona, e ata Bangkok...

Dispoñible no App Store e Google Play

Para encontrar voos:
    • Skyscanner

Buscador e comparador de voos que che axuda a encontrar as opcións máis económicas.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Kayak

Encontra e reserva voos, aloxamento, coche, etc.

Dispoñible no App Store e Google Play

A mesa posta:
    • El Tenedor

Reservas e promocións en máis de 19.000 restaurantes de España, Francia, Portugal, Bélxica, Italia, Suíza, Turquía e Suecia.

Dispoñible no App Store e Google Play

tenedor_centro
    • Michelin Restaurantes

Selección dos restaurantes das guías Michelin: Gran Bretaña e Irlanda, Italia, Alemaña, Suíza, Bélxica e Luxemburgo, España e Portugal, Países Baixos, Francia e Main Cities of Europe 2015. Podes utilizala mesmo sen conexión a internet.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • MyTable

Encontra os restaurantes que máis se adaptan aos teus gustos e reserva unha mesa directamente en miles de establecementos en Europa.

Dispoñible no App Store

    • Around me

Ademais de restaurantes, ofrece unha busca completa dunha gran variedade de categorías como hoteis, teatros, cines, supermercados, hospitais ou parkings, entre outras.

Dispoñible no App Store e Google Play

aroundme_centerQue plan temos hoxe?:
    • Fever

Existen apps que reúnen os mellores plans dunha cidade, aínda que o máis útil nestes casos será que consultes as apps específicas de museos, teatros, salas de concertos, etc. Fever ofréceche unha lista semanal de cousas para facer en Madrid, Barcelona e New York.

Dispoñible no App Store e Google Play

¿Praia?:
    • iPlaya

Descobre cales son as praias (españolas) máis próximas a onde te encontras e infórmate da previsión meteorolóxica, a temperatura da auga, as ondas, as mareas ou o índice UV.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • iBeach

En iBeach encontrarás unha base de datos de 3.500 praias en España que se está a ampliar cada día con novas praias doutros países do Mediterraneo e Atlántico.

Dispoñible no App Store e Google Play

¿ou montaña?:
    • Naturapps

Rutas de sendeirismo no teu móbil. Premiada como mellor aplicación nacional de turismo activo - The AppTourism Awards 2014.

Dispoñible no App Store e Google Play

naturapps_centro
    • Bookaplan

Parapente, mergullo, vela, rutas en bici, cata de viños. Descubre experiencias inesquecibles no teu móbil. Información completa dunha actividade e o provedor, ofertas, tícket no móbil para non ter que imprimir a túa reserva ou compra, etc.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Wikiloc

Descobre millóns de rutas para realizar ao aire libre, mesmo dos lugares máis recónditos do planeta. Podes elixir entre correr, sendeirismo, ciclismo, mountain bike, kaiak e ata 45 actividades diferentes dispoñibles. Desfruta de mapas offline gratis de todo o mundo para usalos sen conexión de datos.

Dispoñible no App Store e Google Play

Onde están os mapas cando os necesitas?:
    • Maps.me

Acceso instantáneo a mapas detallados sen necesidade de conexión a internet. Recibe instrucións nun mapa para chegar a unha localización específica. Cobre 345 países e illas.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Tripomatic guías de ciudades

Moi práctico para trazar un itinerario diario da túa viaxe, podes compartilo cos teus amigos para darlles envexa e descargar o modo offline, iso si, esta última función non é gratuíta.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Waze

Se viaxas en coche con esta app poderás coñecer o estado do tráfico, grazas á información compartida por outros condutores. Ademais indícache as gasolineiras máis baratas, atascos, incidencias, etc.

Dispoñible no App Store e Google Play

E as emerxencias?:
    • Travel Safe

Todos os números de teléfono de emerxencias, bombeiros, embaixadas, etc. en caso de necesidade para axilizar unha urxencia.

Dispoñible en Google Play

Quero transporte:
    • Hailo Taxi App

Selecciona a túa situación, pulsa en “recólleme aquí” e... listo! A app permite calcular canto che custará o traxecto e permite pagar en efectivo, con calquera tipo de tarxeta ou directamente dende o móbil. Ademais de España, funciona en Reino Unido, Irlanda, Xapón e Singapore.

Dispoñible no App Store e Google Play

    • Mytaxi

Podes reservar un taxi ata con 4 días de antelación, ademais escolles opcións como taxista favorito, taxista 5 estrelas, taxi grande... Operativo en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Berlín, Frankfurt, Hamburgo, Múnic, Zúrich, Viena, Varsovia, Washington DC, Milano, entre outras ciudades.

Dispoñible no App Store e Google Play

mytaxi_centro
    • Easy Taxi

Introduce o teu destino, calcula a tarifa e o tempo de chegada mentres rastrexas ao condutor e información do vehículo. Elixida por Google Play como unha das mellores Apps do 2014.

Dispoñible no App Store e Google Play

A como está o cambio?:
    • XE Currency

Calcula ao momento o cambio de divisas actualizado. Funciona tamén sen conexión a internet.

Dispoñible no App Store e Google Play

Busca wifi:
    • WiFi Finder

Encontra as redes wifi gratuítas e de pagamento de toda a cidade na que te encontres. Funciona tamén offline.

Dispoñible no App Store e Google Play

wififinder_centroQuero pagar a escote:
    • Trip Splitter

Se viaxas cun grupo de amigos esta app interésate, xa que permite dividir os gastos por cada persoa e saber se xa saldou a súa conta ou non.

Dispoñible no App Store e Google Play