No universo das apps de móbil tamén hai un oco para as apps de saúde que nos facilitarán a realización de todos os trámites relacionados co Sergas (Servizo Galego de Saúde). E é que non van ser todas apps de lecer, deporte, cociña, etc.   Ademais, estas tamén nos axudan a coidar un pouco máis nosa saúde.

  • Urxencias Sanitarias de Galicia

A finais de ano lanzouse esta app desenvolvida polo Sergas e Urxencias Sanitarias 061 de Galicia que facilita aos usuarios o acceso aos servizos de urxencias da comunidade galega e que os profesionais do 061 poidan acceder de forma rápida ao seu historial clínico. Ademais de poder facer consultas sanitarias, os usuarios poden consultar consellos de primeiros auxilios para determinadas situacións.

Dispoñible para Android e iOS.

"consultaemerxencias

  • Sigue

Trátase dunha app de xeolocalización, tamén desenvolvida polo Sergas, que permite aos usuarios orientarse dentro dos hospitais Lucus Augusti - HULA de Lugo, o Hospital de Verín, algúns centros de saúde da provincia de Ourense e o edificio administrativo de servizos centrais de San Lázaro en Santiago de Compostela. Está previsto que nun futuro se inclúan máis hospitais e centros de saúde. Nesta app intégrase a axenda de consultas do usuario para indicarlle “como chegar” á localización da súa consulta e así mellorar os atrasos producidos nas consultas e que o uso das instalacións sanitarias sexa máis cómodo para o usuario.

Dispoñible para Android e iOS.

  • É-Saúde

Trátase dunha app non oficial do Sergas para solicitar, consultar e cancelar as citas médicas en atención primaria e especializada. Ademais o usuario tamén poderá consultar cando debe recoller a súa medicación na farmacia. Todos os datos da app están aloxados no servidor do Sergas para manter así a seguridade dos mesmos. Actualmente a app está pendente de actualizacións debido a cambios na web do Sergas.

Dispoñible para Android.

"app_esaude

ClepIO

Esta app, de orixe galega, permite xestionar o teu historial médico, programar avisos para as túas citas médicas, almacenar radiografías e informes médicos e levar o control dos teus tratamentos. Ademais tamén podes incluír os datos da túa familia ou persoas que teñas ao teu cargo.

O pasado ano a clínica San Francico outorgou o premio á mellor app sanitaria española a ClepIO.

Dispoñible para Android e iOS.

Por agora son poucas as apps de saúde para o Sistema Sanitario de Galicia pero seguro que se nos paramos a pensar atopariamos moitas necesidades que nos poderían cubrir estes elementos tecnolóxicos. Así que se se che ocorren, non dubides en comentalo e asociarte cun informático para que che axude a desenvolvela e colaborar un pouco máis a mellorar o noso sistema sanitario.

E para tirar de todas estas apps, lembra tirar sempre dunha tarifa de móbilR .

Ata a próxima!

Imaxe de Freestocks.