Os Reis son magos, pero non adiviños. Se non acertaron, anota estas apps para vender os agasallos que non queres. Seica che deron calafríos ao descubrir a bata de guatiné, pero igual hai alguén moi interesado en semellante tesouro. Dende o móbil, podes poñela á venda moi rapidamente grazas a aplicacións como Wallapop, Vibbo ou Letgo. Se non as coñeces, segue a ler e únete á febre de véndoo todo, menos á avoa . Vaia, que mo quitan das mans.

    • Wallapop

Monta o teu propio mercado de forma gratuíta dende o móbil. Comprar e vender artigos de segunda man nunca foi tan fácil. Só tes que sacar unha foto ao produto, poñer un anuncio e walla . Os produtos móstranse clasificados en función do preto que se atopan de ti. Se che interesa algo, ponte en contacto directamente co vendedor, compra e queda para recollelo. Así de fácil, adeus ao guatiné .

Dispoñible para Android e iOS

    • Vibbo

O antigo Segundamano agora chámase Vibbo. Entra, publica e vende de forma gratuíta dende o móbil. Ademais, podes obter máis información dun produto directamente da vendedor vía chat. En vibbo tes máis de 2 millóns de artigos á venda relacionados con fogar, deportes, electrónica, moda, etc. así como outros anuncios clasificados de pisos de segunda man ou coches de ocasión.

Dispoñible para Android e iOS

    • Letgo

Aplicación gratuíta de compra e venda, onde atoparás ofertas próximas nunha gran variedade de artigos. Para facilitarche a vida, letgo ten recoñecemento de imaxe e intelixencia artificial para engadir un título e etiquetas aos teus artigos para que ti non teñas que facelo. Ademais, podes chatear con outros compradores e vendedores, sen saír da app.

Dispoñible para Android e iOS

    • Milanuncios

Outra opción para desfacerte diso que compraches nas rebaixas e nunca usaches é poñer un anuncio dende o móbil na app Milanuncios. O taboleiro de anuncios clasificados gratuítos máis popular de España permíteche publicar o teu produto dende o teu smartphone rapidamente, xestionar os teus anuncios, engadir favoritos, contactar cos anunciantes e ver estatísticas.

Dispoñible para Android e iOS

    • eBay

Non por última, menos importante, e un clásico da compra venda por internet, a app de eBay. Comprar e vender é máis rápido e cómodo que nunca, con alertas cando os usuarios vexan, compren ou envíen unha mensaxe. Podes vender, poxar e comprar con ofertas exclusivas.

Dispoñible para Android e iOS

Xa sabes, recompila todo iso que non usas e saca uns cartiños facilmente dende o móbil. Advertimos que crea adición .

Vémonos pronto con máis aplicacións para o teu smartphone.

Un saúdo!