Esta Semana Santa abre unha xanela do teu móbil e asómate ás pinacotecas máis famosas do mundo con estas apps de museos e arte. Visita o Prado sen moverte do sofá, saca unha foto a un cadro e descubre ao artista que o pintou, mergúllate nos segredos que esconden as grandes obras mestras ou planifica a túa visita a un museo co teu móbilR para saber exactamente o que non queres perder. Esperemos que non che pase como a Ben Stiller en 'Noche en el museo' .
Apps de arte
- Google Arts & Culture: proxecto do Instituto Cultural de Google. A app ofréceche un catálogo de imaxes en alta resolución de obras de arte colgadas en museos de todo o mundo. A app permíteche facer un percorrido virtual polas galerías máis famosas do mundo.
Dispoñible para Android
- DailyArt - Daily Dose of Art: recibe a túa dose diaria de beleza e inspiración no teu móbil, así como unha explicación sobre a pintura, o autor e a súa época.
- Google Goggles: fai unha foto co teu móbil a un cadro, Goggles atópao e ofréceche información sobre el. Museos como o Metropolitan de Nova York está xa probando esta tecnoloxía.
- Magnus: como fai Shazam coas cancións, o fai Magnus cos cadros. Saca unha foto a unha pintura e dirache artista e info complementaria.
- Culturtickets: localiza museos preto de ti e cóntache a súa historia.
Apps de museos españois
- Paseo del Arte Imprescindible: o mellor do Museo Nacional do Prado, o Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Reina Sofía.
- Museo del Prado. Guía Oficial: a única guía oficial do Museo Nacional do Prado. A app deseñouse para tablets superiores a 7 polgadas. Tamén do Prado, pero de pago, son Second Canvas Museo del Prado – Obras Maestras (Android e iOS por 3,99€) e Second Canvas Prado – Bosco (Android e iOS por 1,99€).
- Photo Prado: permíteche crear a túa postal personalizada xunto ás obras mestras do Museo.
- El Prado Audio Museums: audio guía non oficial do madrileño Museo do Prado.
- Museo Thyssen: paseo pola colección, axenda de exposicións e actividades, rutas do museo, compra de entradas e tenda online.
- Second Canvas Museo Thyssen: achégate aos segredos do Museo Thyssen-Bornemisza e descobre as súas obras mestras en alta resolución, con super zoom ou visión de raios X.
- Thyssen Puzzle: ideal para os peques e non tan peques. Constrúe ‘La Anunciación’ do Greco e aprende curiosidades sobre esta e outras obras.
- Museu Nacional, Barcelona: app gratuíta do Museo Nacional de Arte de Catalunya (MNAC). Visita a colección de arte con información enriquecida con textos, fotografías e vídeos. Podes marcar obras favoritas e compartilas.
Dispoñible para Android
- Guggenheim Bilbao: imaxes, audios e información sobre algunhas das obras da Colección, así como do emblemático edificio e o seu arquitecto Frank Gehry. Elixe unha ruta ou planifica a túa, conéctate a YouTube ou comparte a través de Facebook.
- Guía Oficial La Alhambra: percorre os máis de 655.000 m2 da Alhambra de Granada grazas ás sete rutas predeterminadas ou fai a túa. Percorre máis de 200 fotografías, algunhas históricas dos grandes fotógrafos da Alhambra. E se che gusta a historia, na sección de Cronoloxía descubrirás todos os acontecementos que alí se viviron ao longo dos séculos.
- Museo Centro Gaiás: consulta toda a información das exposicións do Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago. O seu motor de xeolocalización determina en que te punto atopas e móstrate as obras de arte situadas preto de ti. Ademais, ofrece contido adicional en forma de audio e vídeo.
Apps de museos internacionais
- Louvre: mi visita: para non perderse na inmensidade do museo parisiense grazas a un plano 3D. Descobre todo sobre ‘La Gioconda’ e outras 600 fichas de obras e salas históricas da galería.
- Centre Pompidou: unha das coleccións de arte moderna e contemporánea máis importantes do mundo no teu móbil. A arte e a súa historia, comentarios de audio dunhas 200 obras, para comprender os grandes movementos. Moi interesante se viaxas a París ou se es un curioso da arte.
- British Museum Guide: mapa, paseo virtual, imaxes en alta resolución e moito máis para que fagas unha viaxe ao Museo Británico dende o teu móbil.
- Tate App: na Tate de Londres podes pasar horas. Esta app axúdache a realizar un percorrido sen moverte do sofá. A través do seu buscador podes atopar ao teu artista favorito e coñecer en detalle as súas obras. E coa app Magic Tate Ball (Android e iOS), só tes que axitar o teu móbil e verás unha pintura da Tate relacionada coa a contorna na que te atopas.
- MoMA: organiza a túa visita ao Museo de Arte Moderna de Nova York. Adéntrate na súa colección e desfruta das súas obras mestras en alta definición.
Dispoñible para iOS
- IUffizi: toda a info sobre este e outros museos florentinos, curiosidades sobre o museo e os seus cadros. Moi útil para reservar entradas directamente dende o móbil sen esperar as quilométricas colas.
A arte mola e estas aplicacións axudan a que completes a túa experiencia física ou virtual. Descarga a que máis che interese e cóntasnos.
E se precisas unha boa tarifa para navegar, en móbilR témolas todas
Ata pronto!
Gif: jezebel