Recibes unha chamada dende un número privado e dúbidas se contestar ou non. Aforra o debate existencial cunha destas apps para identificar números ocultos. As túas comunicacións estarán a salvo de spam para sempre, porque poderás bloquear os números non desexados directamente dende o teu móbilR. Toda seguridade é pouca. Bótalles un ollo, proba a que máis che interese e respira tranquilo.

  • Truecaller

    A aplicación conta cunha lista de non desexados para garantir a seguridade das túas comunicacións. Non só identifica chamadas descoñecidas e bloquea spam e telemarketing, senón que tamén che permite ver os números descoñecidos no historial de chamadas. E cos SMS igual, recoñece e bloquea os mensaxes lixo.

    Dispoñible para Android e iOS

  • TrapCall

    Mantén a salvo a túa privacidade con esta aplicación. A descarga é gratuíta pero o servizo de identificación de chamadas ten un custo que podes consultar na súa web TrapCall. As prestacións son bastante completas: pescuda quen se esconde detrás dunha chamada descoñecida, realiza seguimento de acosadores dixitais ou grava as chamadas entrantes para rexistrala como unha proba.

    Cando recibas unha chamada descoñecida, só tes que rexeitala (a app tamén pode facelo por ti) e TrapCall descubrirá de que número se trata. Enviarache o número que te chamou e mesmo poderás saber o nome e a dirección asociada ao número.

    Dispoñible para Android e iOS

    identificar números ocultos TrapCall
  • Whoscall

    A aplicación rastrexa na súa base de datos de máis de 700 millóns de números para identificar e bloquear chamadas maliciosas. Ti tamén podes reportar os nomes dos números descoñecidos para axudar a outros usuarios.

    Dispoñible para Android e iOS

    identificar números ocultos Whoscall
  • Who's Calling?

    App moi interesante xa que non só actúa sobre chamadas e SMS, senón tamén en WhatsApp ou Facebook. Dispón dun modo de proba para simular SMS ou chamadas entrantes. Descárgaa e asegúrate de que ninguén que non desexes se poña en contacto contigo.

    Dispoñible para Android

    identificar números ocultos Who's Calling?

Xa ves que sinxelo é manter as túas comunicacións protexidas. Di adeus ás chamadas privadas e se tes calquera dúbida, aquí nos tes.

E lembra que se necesitas unha boa tarifa para navegar e descargar as mellores apps, en móbilR témolas todas .

Ata pronto!