Hai quen goza do turismo de pulseriña e outros que preferides o aire libre e a natureza. Para vós van estas apps de cámping e autocaravana. A aventura espérate se sabes onde, só tes que buscala no teu móbil e estrada. Descarga algunha destas aplicacións no teu móbilR e planifica a túa próxima viaxe. No market dispós tamén de moitas apps para un país en concreto, así que se tes claro o teu destino, busca a túa guía.

CampingES+

Se buscas cámping en España, malo será que non o atopes na lista de 1.100 establecementos desta app. Accede á info do cámping, fotos, tarifas ou rutas. Utiliza o seu buscador ou activa o GPS para saber onde hai un preto de ti.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas CampingES

Gamping - Cámping en jardines

Esta app permíteche ir de cámping dunha forma máis personaliza, en zonas e áreas privadas. Só tes que buscar a través de xeolocalización os terreos privados dispoñibles que están en aluguer, ver o perfil dos anfitrións e realizar a reserva. Benvido ao gamping.

Dispoñible para Android

Apps de camping y autocaravanas Gamping

Camperstop-App camperplaatsen

Aplicación con acceso a máis de 10.000 cámpings en 27 países de Europa. Ofrece información útil sobre servizos, aparcadoiro, wifi, etc. Podes gardar os cámpings nos teus favoritos para consultar cando queiras.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas Camper Stop

ACSI Campings Europa

Catálogo de ao redor de 8.600 cámpings en toda Europa. A versión gratuíta permite acceder a 50 establecementos, pero tamén podes comprar un paquete por países ou toda a guía (0,99 € a 12,99 €). Permite a procura por xeolocalización ou por filtros, engadir cámpings aos teus favoritos, puntualos ou chamar directamente desde a info. E o mellor é que funciona sen conexión a internet.

Dispoñible para Android e iOS

CampingCard ACSI Campings

App accesible para os titulares da tarxeta CampingCard ACSI. Este bono acéptase en 3.319 cámpings de 20 países europeos, pagas unha tarifa fixa e reducida por cada noite en tempada baixa. Podes usar a aplicación aínda que non teñas datos.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas ACSI Campings Europa

Camping Checklist

App de utilidade para que planifiques a túa próxima aventura campista. Dispós de listas predeterminadas: lista de cámping, lista de primeiros auxilios, lista de tenda de campaña, etc. ou podes crear a túa propia e compartila cos teus compañeiros de viaxe, asignarlles tarefas ou xestionar as túas propias.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas Camping Checklist

Camping con niños

Se vas ir de cámping con peques, esta app serache moi útil. Dispón de información detallada de cada cámping, mesmo se ten servizo de ludoteca . Ademais do catálogo de cámpings, ofrece análises de cada un e consellos prácticos para os iniciados e os expertos.

Dispoñible para Android

Apps de camping y autocaravanas Camping con niños

Autocaravanas: En Ruta

App con info moi útil se vas viaxar en autocaravana. Atoparás áreas de estacionamento e servizo en España e outros 17 países europeos. Busca espazos na túa zona ou preto de ti, comproba a súa infraestrutura e a mellor ruta para chegar a eles. Tamén poderás valoralas, compartir a túa experiencia ou enviar fotos.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas Autocaravanas: En Ruta

Furgo perfectos

Información creada pola comunidade furgovw.org, cun extenso catálogo e información de espazos para a túa autocaravana. Ofrece a posibilidade de descargar todos os puntos e navegar offline.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas Furgo perfectos

park4night - camper van

Atopa e comparte lugares para facer base da túa viaxe en autocaravana ou furgo. Recomenda paraxes naturais ou informa sobre posibles actividades ao redor (ciclismo, sendeirismo, windsurf...).

Dispoñible para Android e iOS

Áreas de Autocaravanas Lite - Campercontact

Accede a unha das bases de datos máis extensa de aparcamento ou cámping para autocaravanas. Atoparás info sobre prezo, localización, número máximo de prazas, instalacións, etc. Tamén funciona offline.

Dispoñible para Android e iOS

Apps de camping y autocaravanas Áreas de Autocaravanas Lite - Campercontact

Puxéronseche os dentes longos? Planifica as túas vacacións facilmente dende o teu móbilR. E non esquezas que se es cliente, podes gozar de datos gratis vaias onde vaias con internet comigo.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!