Come rico, rico e con fundamento, como dicía Arguiñano, con esta selección de apps de cociña. Se nos 80, o mítico “Con las manos en la masa” revolucionou o panorama gastronómico, agora o máis é cociñar coa axuda do móbil. Descarga algunha das aplicacións que che presentamos e aprende a elaborar receitas que deixarán aos teus coa boca aberta. “Comerás como un señor, si te lo curras un rato”, e deixarás á altura do betún a Chicotes e MasterChefs .

  • Canal Cocina

    A app da canle de televisión Canal Cocina (dial 58). "Codéate" coa avoa Lolita ou Isasaweis con esta aplicación, que non só che permite consultar receitas de cociña, ingredientes ou pasos de elaboración, se non tamén ver como se preparan en didácticos vídeos. Sobe as túas propias receitas, consulta as que subiron outros usuarios, comenta e valora os pratos.

    Dispoñible en Google Play e App Store.

    Apps de cocina Canal Cocina
  • ¿Qué cocino hoy? Recetas de cocina

    Esta app responde a esa eterna pregunta que nos facemos cando entramos no supermercado. ¿Qué cocino hoy? proponche máis de 4.000 receitas, malo será que unha non che guste . Podes buscar o menú por grao de dificultade, por tempo de elaboración, por temática (vegana, caseira, celíaca…), por ingredientes, o que máis che conveña. Cousas interesantes: comentar ou preguntar dúbidas con outros usuarios, compartir pratos en redes sociais, utilizar a app sen conexión a internet ou aproveitar o modo lectura, para escoitar as receitas mentres cociñas. Moi completa, compróbao.

    Dispoñible en Google Play e App Store.

  • Cookpad Recetas

    App en español dunha das redes sociais de cociña máis grande, Cookpad. Máis de 13.000 autores compartiron máis de 90.000 receitas para que innoves cada día. Aplicación moi social, permíteche seguir aos teus autores favoritos e interactuar con eles, compartir as túas receitas con amigos e publicar as túas propias creacións. Para subir as túas receitas tes unha ferramenta moi útil, e é que a aplicación e a web están sincronizadas, de maneira que podes terminar de engadir info á túa receita dende calquera dispositivo.

    Dispoñible en Google Play e App Store

    Apps de cocina Cookpad
  • Kitchen stories

    Galardoada en 2014 por Apple como “Mellor Nova App” e razón non lle falta. Coidado deseño para que aprendas paso a paso a cociñar con instrucións precisas e inspiradores vídeos. Ofrece interesantes funcionalidades: podes axustar o temporizador e recibir unha notificación cando o teu prato estea listo, utilizar un convertidor de medidas, anotar os teus comentarios no bloc de notas incluído en cada receita e gardar e compartir os teus menús favoritos.

    Dispoñible en Google Play e App Store.

  • My CookBook (Mis Recetas)

    Un auténtico xestor de receitas que che permitirá crear o teu propio libro de receitas electrónico, a partir de menús dispoñibles en máis de 200 sitios web. Busca a túa receita, impórtaa a My Cookbook e engade fotografías, modifica os ingredientes, as instrucións ou engade comentarios. Moi interesante: crear listas da compra a partir dos ingredientes dun prato, sincronizar as túas receitas en varios dispositivos a través de Dropbox ou calcular cantidades de ingredientes se tes convidados.

    Dispoñible en Google Play e App Store

    Apps de cocina CookBook
  • Thermomix 2.0

    Se tes Thermomix non deixes que colla po na cociña e sácalle o maior partido cunha chea de receitas. Para empezar a usar a app, só tes que che rexistrar de forma gratuíta na web www.mithermomix.es. Dispoñible en App Store.

    Se tes un móbil Android, podes decargar Receitas Thermomix. Dispoñible en Google Play.

  • Facemovil

    A app imprescindible da Federación de Asociacións de Celíacos de España. Poderás atopar información sobre máis de 13.000 produtos sen glute aptos para celíacos, así como puntos de venda, restaurantes e hoteis con menús específicos. Co seu práctico lector de barras, poderás saber se un determinado produto é apto ou non para un celíaco. Aquí tes todas as recomendacións para usar a aplicación.

    Dispoñible en Google Play e App Store.

    Apps de cocina Facemovil

A ti tamén se che abriu o apetito? Próbaas e cóntasnos.

Un saúdo!