Se viaxas ao estranxeiro, seguramente quererás sacarlle o máximo partido ao teu servizo móbil e estar sempre conectado.
Agora o roaming vén activado por defecto nas liñas de móbilR para os países do Espazo Económico Europeo. Dende xuño de 2017 dentro do Espazo Económico Europeo non pagas máis por chamar ou usar os teus datos, polo que podemos usar con maior tranquilidade o noso smartphone. Así que se viaxas a algún destes países, despreocúpate, porque agora xa tes o roaming activado.
Se viaxas a outros países que non están no Espazo Económico Europeo, como é o caso de Suíza, Andorra, Estados Unidos, China ou a República Dominica, por poñer algúns ejemplos, si que tes que seguir estes pasos para poder chamar e navegar dende a túa liña:
1. Activa o roaming.
Dende a web de clientes ou dende a nosa app, podes activar na túa liña o roaming. Faino na ruta configurar > configurar móbilR > roaming on/off.
2. Mira que non tes nada restrinxido.
Dende a web de clientes ou dende a nosa app, podes ver que non tes restrinxidas as chamadas ou os datos en roaming. Podes comprobalo na ruta configurar > configurar móbilR > restricións on/off.
Moitas veces, se viaxamos sobre todo a países onde o roaming ten custo, é interesante restrinxir os datos para que non entre un whatsapp e te leves un susto na factura. Pero se viaxas a un país do Espacio Económico Europeo onde non pagas máis, é importante non ter ningunha restrición.
3. Marca o prefixo de España.
Moitas veces temos na nosa axenda anotados móbiles sen o prefixo de España. Se os chamamos, terás a sensación de que non funciona a liña. Pero se probas a poñer diante o prefixo 34 ou 0034 verás que funciona correctamente.
4. Busca rede manualmente.
Se tes o roaming activado na túa liña e ao chegar a un país non che colle rede automaticamente, proba a buscala de forma manual. Xeralmente pódelo facer dende ajustes > más > redes móviles > operador. Aínda que algún operador che apareza co símbolo de prohibido, selecciónao igualmente.
En guiasmobilR.mundo-R.com podes buscar os pasos exactos no teu móbil, seguindo as indicacións de "selección de rede".
5. Desactiva o 4G.
No roaming xa temos acordos pasar usar o 4G, pero non en todos os países. Así que se o teu terminal forza a busca dunha red en 4G, é mellor telo configurado no estranxeiro para que se conecte a 3G e 2G no caso de que non colla rede.
Podes consultar os pasos en guiasmobilR.mundo-R.com, seleccionando o teu móbil e o indicado en "modo de rede".
6. Países onde non ten custo extra o roaming.
Lembra que non ten ningún custo extra no teu móbilR chamar e navegar en Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia (illas de Reunión e Guadalupe incluídas), Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda (Eire), Islandia, Italia/Vaticano, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal (Azores e Madeira incluídas), Reino Unido (non se inclúen as illas de Man, Bailía de Xersei e Bailía de Guernsey), República Checa, Romanía, Suecia e Xibraltar.
E con calquera dúbida, por aquí estamos. Desfruta moito da túa viaxe.