Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Tarxeta Benvida 2026: como solicitala, tendas, saldo...

Di o refrán que "os nenos veñen cun pan debaixo do brazo". No caso de Galicia, veñen cunha Tarxeta Benvida coa que os novos pais e as novas nais poden afrontar os primeiros gastos dos que acaban de chegar. Contámosche como se solicita a Tarxeta Benvida 2026, como consultar o seu saldo e onde podes utilizala.

Quecheparece

Entroido de Laza 2026: Peliqueiros, programa e horarios

Falar do Entroido de Laza é falar dos Peliqueiros. Son os grandes protagonistas da festa desta pequena localidade ourensá. É un dos máis tradicionais e antigos de toda Galicia, que non debes perder. Consulta aquí o programa do Entroido de Laza 2026 para saber cando ver aos Peliqueiros, onde tiran as formigas no Entroido de Laza 2026 ou que é a Farrapada.

Quecheparece

Entroido de Xinzo 2026: datas, programa, desfile…

O entroido máis longo de Galicia, e de Europa, celébrase en Xinzo. É que o Entroido de Xinzo 2026 comeza o 24 de xaneiro e esténdese durante cinco domingos ata o 22 de febreiro. Contámosche todo o que necesitas saber sobre o Entroido en Xinzo: datas, programa, o desfile do martes de Entroido, as pantallas e moito máis.

Quecheparece

Cabalgata de Reis en Vigo 2026: horario, percorrido...

A Cabalgata de Reis Vigo 2026 do luns 5 de xaneiro volve repetir a súa habitual dobre modalidade, pola mañá estática na Avenida Castelao e pola tarde dinámica nas rúas da cidade, para o goce de peques e maiores. Consulta aquí o horario e o percorrido da Cabalgata de Vigo 2026 e non perdas a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar.

Quecheparece

Cabalgata de Reis de Ourense 2026: percorrido, horario...

Xa están de camiño e os máis pequenos da casa xa os esperan. Como todos os anos, Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Ourense dende o lonxano Oriente para traerlle aos nenos e nenas que se portaron ben todos os agasallos que lles pediron. Por iso, a cidade das termas ten todo preparado para acollelos como se merecen. Contámosvos o percorrido e os horarios da Cabalgata de Reis de Ourense 2026 do luns 5 de xaneiro.

Quecheparece

Cabalgata de Reis en Santiago de Compostela 2026: percorrido, horario...

Como cada ano, o broche final das festas de Nadal é o día máis esperado polos máis pequerrechos da casa. Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Santiago de Compostela para levarlle á rapazada que se portou ben este ano todos os agasallos que lles pediron. Para iso, a capital de Galicia organizou todo para que os Reis Magos poidan desfilar polas súas rúas o luns 5 de xaneiro na Cabalgata de Reis 2026 en Santiago de Compostela 2025, e contámosche o seu percorrido, todas as rúas por onde pasarán e o seu horario.

Quecheparece

Cabalgata de Reis en Lugo 2026: horario, percorrido…

A conta atrás para ver a Melchor, Gaspar e Baltasar xa empezou. As súas Maxestades chegan á cidade da muralla o luns 5 de xaneiro e xa hai nervios por ver a Cabalgata de Reis en Lugo 2026. Aquí podes consultar cando empeza o desfile, dende onde sae e cal é o percorrido para que vaias pensando onde te vas a poñer para saudar aos Magos de Oriente e a toda a súa comitiva.

Quecheparece

25 expresións galegas e frases con retranca

A que te miraron mal cando, fóra de Galicia, dicías que o pan estaba reseso? A todos nos pasou. Dicir que o pan está ‘revenido’ para un galego é case imposible. Hai frases ou expresións galegas que teñen un sentido tan difícil de explicar, de traducir ou que están tan interiorizadas só as entendemos nós ou non sabemos como dicilas doutro xeito.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en decembro 2025

O ano 2025 chega ao seu fin, pero as estreas nunca paran na televisión que che ofrecemos en R. Este Nadal, non che faltarán cousas que ver, as mellores películas e series nunca descansan. Para comezar, os dragóns son protagonistas en DreamWorks coa emisión de novos episodios da serie Dragones: Hacia nuevos confines, e en SkyShowtime tamén, coa estrea da versión de imaxe real de Cómo entrenar a tu dragón.

Quecheparece

O Apalpador en Galicia: localidades onde velo, orixe, cantiga…

Por que ser do “team” Papá Noel, se en Galicia temos a O Apalpador? Este personaxe tan entrañable da nosa tradición do Nadal nin bebe Coca-Cola, nin o levan en zorra uns renos, nin conta con campañas de márketing e espazo en películas e anuncios. Queres saber quen é O Apalpador en Galicia? Pois segue a ler para coñecer ao Apalpador galego, a súa orixe e significado, en que localidades podes velo este Nadal 2025 e moitas máis cousas do Papá Noel galego.

Xente R

Luces de Nadal de Vigo 2025: horario de acendido, que ver…

As luces de Nadal de Vigo 2025 - 2026 volven poñer a cidade na fala da xente. É que ninguén quere perder este espectáculo que comeza co tradicional acendido de luces de Nadal de Vigo 2025. Contámosche cando se acenden as luces de Nadal de Vigo, o horario de aceso, que ver, as principais atraccións e onde aparcar o coche.

Quecheparece

Nadal na Coruña: guía 2025 coas luces, mercado...

Cando se acenden as luces de Nadal na Coruña 2025? A cidade herculina acende o Nadal o venres 28 de novembro na Praza de María Pita. Será o disparo de saída do programa de Nadal A Coruña 2025 - 2026, que ademais de luces, inclúe mercado de Nadal de estilo centroeuropeo, pista de xeo, beléns, feira de artesanía, talleres, visita de Papá Noel, Cabalgata de Reis e moitas máis actividades que che contamos aquí.