Móbil R
Roaming en móbilR: países, tarifas, como activalo...
Todo o que necesitas saber sobre o roaming en R, como se activa o roaming, en que países é grátis o roaming o e cales son as tarifas de roaming en R.
Todo o que necesitas saber sobre o roaming en R, como se activa o roaming, en que países é grátis o roaming o e cales son as tarifas de roaming en R.
María Pita é testemuña inmóbil cada ano das actuacións dos grupos do momento. O escenario perfecto para gozar da música ao aire libre e gratis. Queres saber cales son os concertos de María Pita 2025 en agosto? Pois estás no lugar adecuado.
A localidade coruñesa de Mugardos rende o sábado 12 de xullo homenaxe ao seu produto gastronómico local máis popular, o polbo, cociñado ao estilo mugardés. Aquí tes toda a información imprescindible sobre a Festa do Polbo Mugardos 2025 para que coñezas o programa, os concertos e moito máis.
Se hai unha festa do verán galego que máis peculiaridades acolle, é a Festa da Dorna de Ribeira. Do 18 ao 24 de xullo de 2025, a capital do Barbanza enchese de peculiares e divertidos xogos, concertos e diversión na Festa da Dorna de Ribeira 2025. Uns días nos que a típica embarcación local é a escusa para confraternizar e pasalo ben. Contámosche os horarios, o programa e a historia.
As Illas Cíes son un dos grandes tesouros naturais de Galicia. Aínda que boa parte da súa fama se debe ás súas fantásticas praias, tamén podes gozar de rutas de sendeirismo ou practicar deportes acuáticos. Contámosche que ver e facer nas Illas Cíes.
Celebrar a nosa historia é unha forma de lembrar de onde vimos e en Noia levan máis de 25 anos conmemorándoa do mellor xeito posible. A Feira Medieval de Noia 2025 é unha das máis coñecidas de Galicia e este ano celebrarase do 18 ao 20 de xullo.
É falar das festas de Bouzas e pensar enseguida no verán e nos seus fogos artificiais. As festas de Bouzas son, seguramente, as máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas ao gran espectáculo pirotécnico do seu día grande. Este ano serán entre o 18 e o 22 de xullo de 2025.
No verán as estreas non se van de vacacións nas canles da televisión que che ofrecemos en R. Xullo está cheo de grandes series e películas. Furia, a nova serie protagonizada por Candela Peña, Carmen Machi, Nathalie Poza, Cecilia Roth e Pilar Castro, chega a HBO Max. En SkyShowtime, destacan dúas estreas: a oscarizada película Wicked e a segunda entrega da serie Poker Face. E en Warner TV, moita acción con Tokyo Vice.
Son moitas as festas que en xullo enchen as vilas e as cidades de Galicia. Pero en Betanzos conmemoran unha feira con máis de seis séculos de historia. É a Feira Medieval de Betanzos 2025, do 11 ao 13 de xullo. Durante tres días, a vila coruñesa engalánase con postos e actuacións artísticas que fan viaxar a veciñanza e os visitantes máis de 600 anos atrás. Consulta aquí o programa da Feira Medieval de Betanzos 2025 para saber os horarios, datas e actividades.
As festas de verán ou patronais enchen nos meses de verán todas as vilas e cidades galegas. Boiro, en pleno corazón do Barbanza, non ía ser menos. As festas de Boiro 2025 encherán a vila mariñeira de música e diversión para todos os públicos do 4 ao 9 de xullo de 2025.
Ata hai pouco era descoñecido e case inexplorado pola inmensa maioría da xente, pero nos últimos tempos O Fuciño do Porco estase a converter nun reclamo turístico cos mellores ingredientes: natureza, paisaxe espectacular e unha contorna de ensoño. Amosámosche como chegar, como reservar a visita e a ruta que ofrece.
O Ribadeo Indiano 2025 celébrase a fin de semana do 11 ao 13 de xullo para render homenaxe aos emigrantes retornados. E faino con representacións e visitas teatralizadas, concertos, exhibición de vehículos clásicos, obradoiros... que reúnen a miles de persoas con vestidos indianos. Consulta aquí o programa do Ribadeo Indiano 2025, onde atoparás as datas, horarios, todas as actividades e un pouco de historia da festa.
En R activamos para todos os nosos clientes de móbil a tecnoloxía VoLTE. Descubre como activalo na túa liña e que vantaxes ofrece o VoLTE á hora de chamar.
Cando chega o verán, as festas gastronómicas enchen todo o país. Unha das máis tradicionais é a Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025, que se celebra do 25 ao 27 de xullo, cun manxar espectacular, tanto para o padal como para a vista. Consulta aquí o programa e como facer as reservas dun lote para comer carneiro na Carballeira de Santa Lucía.