Blog de R: tecnoloxía, ocio e curiosidades sobre Galicia

Notas de prensa

R levará o 5G a lugares moi illados de Galicia en 27 concellos

• O grupo Orange España resultou adxudicatario provisional dun 70 % deste novo plan do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública: 12,2 M€ para que o 5G chegue mesmo a zonas sen cobertura móbil de ningún operador.nn• Co plan 5G Redes moi rurais, R encargarase de levar a tecnoloxía máis avanzada de quinta xeración a localizacións moi apartadas de 27 municipios galegos, un 30 % das actuacións da compañía en toda España.nn• Diversos lugares de difícil acceso ou especialmente illados das catro provincias galegas gozarán da mellor tecnoloxía 5G para seguir minorando a fenda dixital e que a conectividade e a dixitalización estean tamén ao alcance da poboación rural.n

Termos de ciberseguridade

Pharming

O pharming é un tipo de ciberataque que manipula o tráfico de internet para redirixir a unha persoa a un sitio web falso, aínda que escribise correctamente a dirección do sitio lexítimo.

Empresas

Xunta e empresas TIC actualizan un protocolo dixital para a Galicia do 2030

Galicia quere xogar un papel protagonista na economía dixital da próxima década. Para logralo, a Xunta e as principais empresas do sector TIC, entre elas MasOrange (da que forma parte R) renovaron e actualizaron un protocolo de colaboración que aspira a converter a innovación nun motor de crecemento económico, xeración de emprego e competitividade.

Termos de ciberseguridade

Mythos

Mythos (Claude Mythos) é un modelo de IA, desenvolvido por Anthropic, especializado en detección de vulnerabilidades, análise de malware, probas de penetración (pentesting) e defensa de infraestruturas críticas.