Blog de R: festas, curiosidades e rutas en Galicia

Quecheparece

Concertos Castrelos 2025: entradas, datas, horarios…

A cidade olívica xa está a pechar os concertos do verán e por aquí manterémoste actualizado en todo momento sobre os concertos de Castrelos 2025. Consulta a lista de artistas que van tocar no Parque de Castrelos durante os meses de xullo e agosto, cando saen á venda as entradas dos concertos de Castrelos 2025, as datas e os horarios para que non te perdas os grandes eventos do verán en Vigo.

Quecheparece

Festa do Polbo Mugardos 2025: data, programa…

A localidade coruñesa de Mugardos rende o sábado 12 de xullo homenaxe ao seu produto gastronómico local máis popular, o polbo, cociñado ao estilo mugardés. Aquí tes toda a información imprescindible sobre a Festa do Polbo Mugardos 2025 para que coñezas o programa, os concertos e moito máis.

Quecheparece

Festa da Dorna de Ribeira 2025: programa, horarios e historia

Se hai unha festa do verán galego que máis peculiaridades acolle, é a Festa da Dorna de Ribeira. Do 18 ao 24 de xullo de 2025, a capital do Barbanza enchese de peculiares e divertidos xogos, concertos e diversión na Festa da Dorna de Ribeira 2025. Uns días nos que a típica embarcación local é a escusa para confraternizar e pasalo ben. Contámosche os horarios, o programa e a historia.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en xullo 2025

No verán as estreas non se van de vacacións nas canles da televisión que che ofrecemos en R. Xullo está cheo de grandes series e películas. Furia, a nova serie protagonizada por Candela Peña, Carmen Machi, Nathalie Poza, Cecilia Roth e Pilar Castro, chega a HBO Max. En SkyShowtime, destacan dúas estreas: a oscarizada película Wicked e a segunda entrega da serie Poker Face. E en Warner TV, moita acción con Tokyo Vice.

Xente R

Feira Medieval de Betanzos 2025: programa, horarios e datas

Son moitas as festas que en xullo enchen as vilas e as cidades de Galicia. Pero en Betanzos conmemoran unha feira con máis de seis séculos de historia. É a Feira Medieval de Betanzos 2025, do 11 ao 13 de xullo. Durante tres días, a vila coruñesa engalánase con postos e actuacións artísticas que fan viaxar a veciñanza e os visitantes máis de 600 anos atrás. Consulta aquí o programa da Feira Medieval de Betanzos 2025 para saber os horarios, datas e actividades.

Quecheparece

Festas de Boiro 2025: programa, concertos e datas

As festas de verán ou patronais enchen nos meses de verán todas as vilas e cidades galegas. Boiro, en pleno corazón do Barbanza, non ía ser menos. As festas de Boiro 2025 encherán a vila mariñeira de música e diversión para todos os públicos do 4 ao 9 de xullo de 2025.

Quecheparece

O Fuciño do Porco: como chegar, reservas e ruta

Ata hai pouco era descoñecido e case inexplorado pola inmensa maioría da xente, pero nos últimos tempos O Fuciño do Porco estase a converter nun reclamo turístico cos mellores ingredientes: natureza, paisaxe espectacular e unha contorna de ensoño. Amosámosche como chegar, como reservar a visita e a ruta que ofrece.

Xente R

Ribadeo Indiano 2025: programa, datas, historia...

O Ribadeo Indiano 2025 celébrase a fin de semana do 11 ao 13 de xullo para render homenaxe aos emigrantes retornados. E faino con representacións e visitas teatralizadas, concertos, exhibición de vehículos clásicos, obradoiros... que reúnen a miles de persoas con vestidos indianos. Consulta aquí o programa do Ribadeo Indiano 2025, onde atoparás as datas, horarios, todas as actividades e un pouco de historia da festa.

Quecheparece

Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025: programa e reservas

Cando chega o verán, as festas gastronómicas enchen todo o país. Unha das máis tradicionais é a Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña 2025, que se celebra do 25 ao 27 de xullo, cun manxar espectacular, tanto para o padal como para a vista. Consulta aquí o programa e como facer as reservas dun lote para comer carneiro na Carballeira de Santa Lucía.