Notas de prensa
R levará o 5G a lugares moi illados de Galicia en 27 concellos
• O grupo Orange España resultou adxudicatario provisional dun 70 % deste novo plan do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública: 12,2 M€ para que o 5G chegue mesmo a zonas sen cobertura móbil de ningún operador.nn• Co plan 5G Redes moi rurais, R encargarase de levar a tecnoloxía máis avanzada de quinta xeración a localizacións moi apartadas de 27 municipios galegos, un 30 % das actuacións da compañía en toda España.nn• Diversos lugares de difícil acceso ou especialmente illados das catro provincias galegas gozarán da mellor tecnoloxía 5G para seguir minorando a fenda dixital e que a conectividade e a dixitalización estean tamén ao alcance da poboación rural.n