Quecheparece
Como activar, configurar e usar o contestador do teu móbil en R
Explicámosche como activar, acceder e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe.
Explicámosche como activar, acceder e configurar o contestador avanzado de R no teu teléfono fixo e no teu móbil, para que che deixen unha mensaxe.
A Cabalgata de Reis Magos de Pontevedra é un dos momentos máis esperados do Nadal. Aquí tes toda a información imprescindible para non perder nin un detalle da chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar á cidade do Lérez o día 5 de xaneiro de 2026.
Xa están de camiño e os máis pequenos da casa xa os esperan. Como todos os anos, Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Ourense dende o lonxano Oriente para traerlle aos nenos e nenas que se portaron ben todos os agasallos que lles pediron. Por iso, a cidade das termas ten todo preparado para acollelos como se merecen. Contámosvos o percorrido e os horarios da Cabalgata de Reis de Ourense 2026 do luns 5 de xaneiro.
Como cada ano, o broche final das festas de Nadal é o día máis esperado polos máis pequerrechos da casa. Melchor, Gaspar e Baltasar visitan Santiago de Compostela para levarlle á rapazada que se portou ben este ano todos os agasallos que lles pediron. Para iso, a capital de Galicia organizou todo para que os Reis Magos poidan desfilar polas súas rúas o luns 5 de xaneiro na Cabalgata de Reis 2026 en Santiago de Compostela 2025, e contámosche o seu percorrido, todas as rúas por onde pasarán e o seu horario.
A conta atrás para ver a Melchor, Gaspar e Baltasar xa empezou. As súas Maxestades chegan á cidade da muralla o luns 5 de xaneiro e xa hai nervios por ver a Cabalgata de Reis en Lugo 2026. Aquí podes consultar cando empeza o desfile, dende onde sae e cal é o percorrido para que vaias pensando onde te vas a poñer para saudar aos Magos de Oriente e a toda a súa comitiva.
A que te miraron mal cando, fóra de Galicia, dicías que o pan estaba reseso? A todos nos pasou. Dicir que o pan está ‘revenido’ para un galego é case imposible. Hai frases ou expresións galegas que teñen un sentido tan difícil de explicar, de traducir ou que están tan interiorizadas só as entendemos nós ou non sabemos como dicilas doutro xeito.
O ano 2025 chega ao seu fin, pero as estreas nunca paran na televisión que che ofrecemos en R. Este Nadal, non che faltarán cousas que ver, as mellores películas e series nunca descansan. Para comezar, os dragóns son protagonistas en DreamWorks coa emisión de novos episodios da serie Dragones: Hacia nuevos confines, e en SkyShowtime tamén, coa estrea da versión de imaxe real de Cómo entrenar a tu dragón.
Por que ser do “team” Papá Noel, se en Galicia temos a O Apalpador? Este personaxe tan entrañable da nosa tradición do Nadal nin bebe Coca-Cola, nin o levan en zorra uns renos, nin conta con campañas de márketing e espazo en películas e anuncios. Queres saber quen é O Apalpador en Galicia? Pois segue a ler para coñecer ao Apalpador galego, a súa orixe e significado, en que localidades podes velo este Nadal 2025 e moitas máis cousas do Papá Noel galego.
As luces de Nadal de Vigo 2025 - 2026 volven poñer a cidade na fala da xente. É que ninguén quere perder este espectáculo que comeza co tradicional acendido de luces de Nadal de Vigo 2025. Contámosche cando se acenden as luces de Nadal de Vigo, o horario de aceso, que ver, as principais atraccións e onde aparcar o coche.
Melchor, Gaspar e Baltasar encherán de maxia e ilusión a cidade herculina na Cabalgata de Reis na Coruña 2026, o luns 5 de xaneiro. Preparado para coller caramelos? Pois infórmate aquí do horario e do percorrido da Cabalgata na Coruña 2026 para velos no mellor sitio.
Cando se acenden as luces de Nadal na Coruña 2025? A cidade herculina acende o Nadal o venres 28 de novembro na Praza de María Pita. Será o disparo de saída do programa de Nadal A Coruña 2025 - 2026, que ademais de luces, inclúe mercado de Nadal de estilo centroeuropeo, pista de xeo, beléns, feira de artesanía, talleres, visita de Papá Noel, Cabalgata de Reis e moitas máis actividades que che contamos aquí.
Este Nadal, colle os patíns e lánzate á pista. Percorremos as principais pistas de xeo Galicia 2025 - 2026 para que coñezas os horarios e prezos da pista de xeo da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol.
Contámosche como vai ser a Cabalgata de Reis en Ferrol 2026 o luns 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar xa están preparados para visitar Ferrol e traerlle aos nenos e ás nenas de Ferrol todo o que pediron, se foron bos, claro. Para iso, a cidade departamental organizou unha benvida á súa altura para que os Reis Magos percorran as rúas. Consulta aquí o horario e o percorrido da Cabalgata Ferrol 2026 para saber por onde van os Reis Magos en Ferrol.
Gozar das luces, visitar o mercado de Nadal e probar sorte coa lotería son plans imprescindibles no Nadal de Lugo. Neste post contámosche cando acenden as luces de Nadal 2025 - 2026 en Lugo, onde podes atopar o mercado "Nadalmente Lucense"... e lembrámosche que probes sorte coa lotería de Nadal.