Cúmprense 10 anos do iPhone, un #TBT ("Throwback Thursday"), que dirían os instagramers, para lembrar. Un bo día de xaneiro de 2007, Steve Jobs revolucionaba o mundo da telefonía coa presentación do que sería o primeiro smartphone, el iPhone. Aquel 9 de xaneiro, a cousa estaba verde, como a mazá , e moito escribiuse sobre aquel lanzamento. O certo é que non se comercializou oficialmente ata o 29 de xuño daquel ano; supoñemos que pouco durmiría Steve Jobs eses meses. O certo é que cambiou as nosas vidas. Imos ver como, pero antes lembrarte que no catálogo de móbilR tes o iphone 7 128 GB en cor negra por 34€/mes e un pago inicial de 129€ (quedounos sutil, non sí? ) .
Con medio mundo coa mirada posta na cerimonia dos Oscar, en febreiro do 2007, Apple ensinaba ao gran público o iPhone. O primeiro anuncio chamouse "Hello" e facía unha chiscadela á presenza da telefonía no cinema para dicir iso "Ola", aquí tedes algo novo:
Un mes antes, Steve Jobs facía a presentación oficial durante a celebración do MacWorld, a convención anual na que Apple ensina os seus novos produtos. Durante máis dunha hora, na que os astros se aliñaron para que todo saíse ben, Jobs mostrábanos a revolución da telefonía. Aquí tedes a versión curta daquela histórica convención:
Sen teclas
Corría o ano 2007 e, por aquel entón, Nokia o petaba. Aínda que rudimentario nos seus inicios, o iPhone foi pioneiro en introducir o concepto de “ordenador no móvil”. O propio Jobs definíao como un 3 en 1: un iPod con pantalla panorámica táctil, un revolucionario teléfono e un dispositivo de conexión a internet. E chamouno iPhone.
Entre as novidades que traía: desaparecía o teclado físico en favor da pantalla táctil, nacía un sistema operativo propio e fluído, o iOS, e incorporaba unha cámara de fotos, por aquel entón de 2MPX. Un ano despois naceron as apps e a App Store en 2008, dando comezo ao que é hoxe un mercado en auxe.
Hai só 10 anos
Apple revolucionara o mundo da telefonía. E aínda que parece que pasou un mundo, esta transformación é relativamente nova, con 10 anos de vida. Onde estabades vós hai 10 anos?
A revista Time escolleuno como o invento do ano. E naceu algo máis que un teléfono, un concepto, un deseño, polo que se fan colas infinitas para facerse con cada un dos novos modelos.
Apple lanzou ao longo da súa historia 15 modelos de iPhone, contando, entre outras, coas versións Plus. E unha curiosidade, aquel primeiro modelo non se comercializou en España; aquí pasamos directamente á segunda versión.
iPhone X
Este ano, coincidindo co décimo aniversario, Apple lanzará a nova familia iPhone X segundo as informacións e rumores filtrados por medios especializados. Estaremos atentos, coa expectación habitual, á chegada do último da mazá.
E dentro de 10 anos, igual contámosvos outro fito histórico.
Feliz aniversario iPhone.
Un saúdo!
Imaxe de Gadgetlove