Se estás a buscar voos dende Galicia, podes consultar aquí todos os destinos aos que podes voar dende os tres aeroportos galegos. Contámosche todos os voos directos dende Galicia 2025 na tempada de outono e inverno, de setembro a decembro 2025 e actualizaremos a lista de destinos en xaneiro para que saibas as novidades de 2026.Así poderás saber cando hai voos directos a Roma dende Galicia ou os voos a Canarias dende Galicia para as túas próximas vacacións.

Despegamos coa lista de voos directos dende A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo a destinos nacionais e internacionais a tempada de outono e de inverno 2025, dende setembro a dcembro 2025.

Voos dende A Coruña directos 2025

Vuelos desde Galicia aeropuerto A Coruña
Imaxe: Turismo de Galicia

Onde podes voar dende o aeroporto de Alvedro? Podes atopar voos dende A Coruña a Málaga, a Valencia… tamén a Gran Canaria e a Tenerife Norte. No caso das illas, consulta as frecuencias e horarios na páxina web da compañía, porque os voos directos adoitan ser só no verán.

En canto aos destinos internacionais, hai voos dende A Coruña directos a Xenebra, Milán e Londres.

Cando comece o 2026, actualizaremos a táboa por se hai novidades nos destinos. Polo momento deixámosche a lista de voos dende A Coruña directos ata final de 2025:

Voos dende A Coruña directos 2025: destinos nacionais e illas

Destino

Compañía

Barcelona

Vueling

Madrid

Iberia

Air Nostrum

Air Europa

Málaga

Volotea

Valencia

Volotea

Gran Canaria

Binter Canarias

Tenerife Norte

Binter Canarias

Voos dende A Coruña directos 2025: destinos internacionais

Destino

Compañía

Xenebra

Easy Jet

Milán (Malpensana)

Easy Jet

Londres (Gatwick)

Vueling

Voos dende Santiago de Compostela directos 2025

Vuelos desde Galicia aeropuerto Santiago
Imaxe: Concello de Santiago

Que voos dende Santiago de Compostela podes coller? Tras o peche da base de Ryanair en Santiago, desaparecen xa en novembro de 2025 destinos como Alacante, Zaragoza, Menorca, Eivisa ou Bruxelas.

Tamén desaparecen conexións Santiago de Compostela Tenerife Sur, Valencia ou Londres Stansted, para as que se poden comprar voos na web ata marzo 2026 (incluído).

Destinos como Sevilla ou Palma de Mallorca, entre outras rutas que ofertaba Ryanair, mantéñense, pero con outras compañías aéreas como Vueling.

Se estás a buscar voos a Canarias dende Galicia directos, o aeroporto de Lavacolla mantén no outono e no inverno destinos como Forteventura, Gran Canaria, Lanzarote e Tenerife Norte.

Este outono e este inverno tamén podes voar dende Santiago a Baleares, en concreto a Palma de Mallorca.

En canto a destinos internacionais, hai voos directos dende Santiago de Compostela a Basel, Xenebra, Dublín, Frankfurt, Londres Heathrow, Londres Gatwick e París Charles de Gaulle.

Deixámosche aquí a lista de voos dende Santiago de Compostela en 2025, de setembro a decembro. En xaneiro actualizaremos por se hai novidades en 2026.

Voos desde Santiago directos 2025: destinos nacionais e illas

Destino

Compañía

Alacante

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Barcelona

Vueling

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Bilbao

Vueling

Air Nostrum

Forteventura

Vueling

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Gran Canaria

Vueling

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Eivisa

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Lanzarote

Vueling

Ryanair (desparece en abril 2026)

Madrid

Air Nostrum

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Málaga

Vueling

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Menorca

Ryanair (desparece en octubre 2025)

Palma de Mallorca

Vueling

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Sevilla

Vueling

Ryanair (desparece en abril 2026)

Tenerife Norte

Vueling

Tenerife Sur

Ryanair (desparece en abril 2026)

Valencia

Ryanair (desparece en abril 2026)

Zaragoza

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Voos dende Santiago directos 2025: destinos internacionais

Destino

Compañía

Basel

Easy Jet

Xenebra

Easy Jet

Bruselas (Charleroi)

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Dublín

Aer Lingus

Ryanair (desparece en novembro 2025)

Frankfurt

Lufthansa

Londres (Heathrow)

Vueling

Londres (Gatwick)

Vueling

Londres (Stansted)

Ryanair (desparece en abril 2026)

Memmingen (Munich West)

Ryanair (desparece en novembro 2025)

París (Charles de Gaulle)

Vueling

Voos dende Vigo directos 2025

Vuelos desde Galicia aeropuerto Vigo
Imaxe: Concello de Vigo

Máis voos dende Galicia directos, neste caso dende o aeroporto de Vigo. Na tempada de outono 2025 e ata final de ano, podes voar ás illas Canarias, con voos directos dende Vigo a Gran Canaria e Tenerife Norte.

No caso de Baleares, tes conexión directa de Vigo a Palma de Mallorca só en Nadal e Reis.

O resto de destinos nacionais aos que podes voar directo dende Peinador son Barcelona e Madrid.

O peche de Ryanair en Vigo fai que desaparezan os voos internacionais, en concreto a ruta con Londres Stansted, a partir de xaneiro 2026. Con todo, ata decembro de 2025 tes conexión directa Vigo Londres.

Ryanair xa cancelara previamente destinos como Vigo Milán ou Vigo Edimburgo.

Consulta aquí debaixo a lista de voos dende Vigo directos este outono 2025 e ata final de ano:

Voos dende Vigo directos 2025: destinos nacionais e illas

Destino

Compañía

Barcelona

Vueling

Madrid

Iberia

Air Nostrum

Air Europa

Gran Canaria

Binter Canarias

Tenerife Norte

Binter Canarias

Palma de Mallorca

Air Nostrum (Nadal e Reis)

Voos dende Vigo directos 2025: destinos internacionais

Destino

Compañía

Londres Stansted

Ryanair (desparece en xaneiro 2026)

Xa viches que hai voos dende Galicia a Sevilla, a Valencia, a Canarias...

Actualizaremos o post cada trimestre para que sempre saibas que voos directos dende Galicia hai en cada tempada. Así poderás saber se hai voos directos a Roma dende Galicia e outros moitos destinos para que goces das túas merecidas vacacións.