Deixar o coche e percorrer Galicia en ferrocarril a través de rutas temáticas. É a proposta dos Trens Turísticos de Galicia 2025. Entérate aquí das rutas, do prezo dos trens, de como comprar os billetes e o calendario para saber cando se fan os percorridos este ano.
Trens turísticos de Galicia 2025: calendario
A partir do mes de marzo, os Trens Turísticos de Galicia 2025 percorrerán 13 rutas, porque volven ao calendario os trens pola Ribeira Sacra.
Todas as rutas se realizan os sábados e neste calendario de aquí debaixo podes consultar as datas dos trens turísticos de Galicia 2025.
Ruta da Camelia en Flor
- Sábado, 8 de marzo 2025
- Sábado, 22 de marzo 2025
Ruta dos Faros
- Sábado, 7 de xuño 2025
- Sábado, 5 de xullo 2025
- Sábado, 19 de xullo 2025
- Sábado, 2 de agosto 2025
- Sábado, 30 de agosto 2025
- Sábado, 6 de setembro 2025
Ruta da Ribeira Sacra (río Sil)
- Sábado, 7 de xuño 2025
- Sábado, 21 de xuño 2025
- Sábado, 5 de xullo 2025
- Sábado, 2 de agosto 2025
- Sábado, 23 de agosto 2025
- Sábado, 6 de setembro 2025
Experiencia MEGA (Museo Estrella Galicia) e A Coruña de 1906
- Sábado, 14 de xuño 2025
- Sábado, 12 de xullo 2025
Ruta dos Mosteiros
- Sábado, 14 de xuño 2025
- Sábado, 12 de xullo 2025
Ruta das Mariñas
- Sábado, 21 de xuño 2025
- Sábado, 23 de agosto 2025
Ruta do Viño Rías Baixas
- Sábado, 28 de xuño 2025
- Sábado, 9 de agosto 2025
Ruta da Ribeira Sacra (río Miño)
- Sábado, 28 de xuño 2025
- Sábado, 9 de agosto 2025
- Sábado, 20 de setembro 2025
Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia
- Sábado, 19 de xullo 2025
- Sábado, 13 de setembro 2025
Ruta do Viño Ribeiro / Rías Baixas
- Sábado, 26 de xullo 2025
Ruta dos Queixos de Galicia
- Sábado, 26 de xullo 2025
- Sábado, 4 de outubro 2025
Ruta do Viño Monterrei
- Sábado, 16 de agosto 2025
Ruta da Ribeira Sacra e Valdeorras
- Sábado, 30 de agosto 2025
- Sábado, 27 de setembro 2025
E antes de contarche as rutas que podes facer, presta atención a esta información de interese sobre os trens turísticos de Galicia para saber o prezo e como comprar os billetes.
Prezo dos trens turísticos de Galicia 2025
O prezo dos trens turísticos de Galicia 2025 é sempre o mesmo, independentemente da ruta que elixas. E estas son as tarifas que se aplican:
- Persoas adultas: 45€
- Nenos de menos de 14 anos: 20€
- Nenos de menos de 4 anos sen que ocupen unha praza: gratis
E se sodes un grupo de 10 persoas ou máis, aplícase un desconto do 15% no prezo.
O prezo inclúe os desprazamentos complementarios en autobús, as entradas aos recintos que corresponda en cada ruta e o servizo de guías de Turismo de Galicia que che contan todo durante o traxecto.
Compra de billetes dos trens turísticos de Renfe en Galicia 2025
A forma máis cómoda de facelo é en liña a través da páxina web de Renfe, porque podes ver todas as rutas dispoñibles nese momento. Aquí podes comprar billetes nos trens turísticos de Galicia 2025.
Selecciona a ruta que che interesa e compra directamente o teu billete de tren. Só tes que indicar dende onde vas coller o tren, a data de saída que elixiches entre as que se ofertan e o número de viaxeiros.
No itinerario de cada ruta verás os posibles achegamentos a outros destinos en tren ou autobús. Por exemplo, a Ruta das Rías Baixas sae da Estación de tren de Santiago de Compostela, pero podes seleccionar a orixe na Coruña, porque ofrecen un achegamento en tren da Coruña a Santiago.
Ademais de facer en liña a compra de billetes de trens turísticos de Galicia, podes facelo en calquera estación de Renfe e en axencias de viaxe concertadas con Renfe.
Cousas que debes ter en conta: non están permitidos os cambios, pero si as anulacións realizadas 24 horas antes da saída do tren.
E agora si, imos coas 13 rutas dos trens turísticos de Galicia 2025.
Ruta da camelia en flor
Percorrido en tren polas Rías Baixas a través dos Xardíns de Excelencia Internacional, que forma parte da Ruta da Camelia.
Itinerario:
Saída dende a estación de tren de Santiago e destino Vilagarcía de Arousa. Achegamentos de ida e volta á estación de tren da Coruña.
Descrición:
Visitas ao Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, con visita aos seus ancestrais xardíns; aos xardíns e ao interior do castelo de Soutomaior, no Rial, cuxas camelias levan nome de mulleres ilustres como Rosalía de Castro; e aos xardíns do Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, con degustación de té elaborado cunha variedade de camelia.
Programa da Ruta da camelia en flor:
- Saída da Estación de Santiago de Compostela.
- Visita aos xardíns do Pazo de Rubiáns.
- Traslado en autobús ata a estación de tren de Vilagarcía de Arousa.
- Traslado en tren Vilagarcía de Arousa-Arcade.
- Comida libre en Arcade.
- Traslado en autobús ao Castelo de Soutomaior.
- Visita aos xardíns e ao interior do Castelo de Soutomaior.
- Traslado en bus ao Pazo Quinteiro da Cruz.
- Visita aos xardíns do Pazo Quinteiro da Cruz.
- Traslado en bus á estación de tren de Vilagarcía.
- Regreso en tren dende Vilagarcía a Santiago de Compostela.
Mira as datas no calendario de arriba para non perder este tren turístico en Galicia.
Ruta dos Faros
Sen dúbida, unha das experiencias máis espectaculares dos trens turísticos de Galicia.
Itinerario:
Saída desde a estación de tren de Ferrol e destino Viveiro. Conta con servizo opcional de achegamento en autobús para A Coruña.
Descrición:
Visitas ao faro de Cabo Ortegal, Serra da Capelada, miradoiro de Vixia Herbeira, Santo Andrés de Teixido, Viveiro (con tempo libre para comer), faro de Estaca de Bares e acantilados de Loiba.
Programa da Ruta dos Faros:
- Saída do tren dende a estación de Ferrol.
- Chegada á estación de Ponte Mera. Visita en bus ao faro de Cabo Ortegal, Serra da Capelada con parada no mirador de Vixia Herbeira e visita a Santo André de Teixido.
- Traslado a Ortigueira.
- Viaxe en tren Ortigueira - Viveiro.
- Comida libre en Viveiro.
- Visita a Viveiro.
- Traslado en bus dende Viveiro ao faro de Estaca de Bares.
- Visita aos acantilados de Loiba.
- Regreso a Ferrol en autobús.
Consulta no calendario de arriba os días de saída do tren turístico de Galicia Ruta dos Faros.
Ruta da Ribeira Sacra (río Sil)
Vive a experiencia do río Sil a bordo dun catamarán e visita unha adega nesta Ruta da Ribeira Sacra polo río Sil.
Itinerario:
Saída dende a estación de tren de Ourense e regreso ao mesmo punto. Hai achegamentos ata Vigo e ata Santiago.
Descrición:
Visita a adega Regina Viarum e degusta o seu viño, coñece Monforte de Lemos, percorre en catamarán o río Sil e termina a visita cunha queimada no Mosteiro de San Pedro de Rocas.
Programa da Ruta da Ribeira Sacra (río Sil):
- Saída do tren dende a estación de Ourense ata Os Peares.
- Visita teatralizada na estación dos Peares - Inorde.
- Traslado en tren aos Peares - Canaval.
- Visita á bodega Regina Viarum con degustación de viño.
- Traslado a Monforte de Lemos e comida libre.
- Traxecto en tren dende Monforte de Lemos ata Santo Estevo do Sil.
- Traslado en minibús ao embarcadoiro de Santo Estevo.
- Percorrido polo río Sil en catamarán.
- Tempo libre no embarcadoiro de Santo Estevo.
- Traslado e visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, con "Conxuro da queimada".
- Traslado en minibús á estación de Ourense.
- Chegada do tren a Ourense.
Podes ver as datas de saída deste tren turístico de Galicia no calendario de arriba.
Ruta experiencia Mega (Museo Estrella Galicia) e A Coruña de 1906
O mundo da cervexa a bordo dunha viaxe no tempo a 1906 na Coruña.
Itinerario:
Ruta con saída da estación de tren de Vigo Guixar con paradas en Pontevedra e Santiago de Compostela ata o destino final na Coruña. Achegamento dende Ourense a Santiago de Compostela.
Descrición:
Visita teatralizada polo centro, visita ao Museo de Estrella Galicia (MEGA) e visita á finca de lúpulo de LUTEGA.
Programa da Experiencia Mega (Museo Estrella Galicia) e A Coruña de 1906:
- Saída do Tren Turístico da estación de Vigo Guixar ata A Coruña, con paradas en Pontevedra e Santiago.
- Visita panorámica en bus dende a estación ata Porta Real (Praza de María Pita).
- Visita teatralizada da Coruña en 1906.
- Visita ao Museo de Estrella Galicia (MEGA) con tiraxe de cervexa e maridaxe con queixos.
- Comida libre na Coruña.
- Café no Mesón Xente no Camiño, ao pé do Camiño Inglés.
- Visita á finca de lúpulo de LUTEGA, para coñecer o seu cultivo e proceso na elaboración de cervexa.
- Regreso do Tren Turístico dende a estación da Coruña a Vigo Guixar, con paradas en Santiago e Pontevedra.
Infórmate no calendario de arriba dos días que se realiza esta ruta dos trens turísticos de Galicia.
Ruta dos Mosteiros
A ruta máis monumental das que percorren os trens turísticos de Galicia 2025.
Itinerario:
Saída dende a estación de tren de Santiago e regreso ao mesmo punto. Hai achegamentos dende Vigo Urzaiz e dende A Coruña.
Descrición:
Visitas ao Pazo de Oca, na Estrada; ao mosteiro de Carboeiro, á beira do río Deza, en Silleda; ao templo da Vera Cruz, no Carballiño, onde tamén se dá tempo libre para comer; ao mosteiro de Oseira.
Programa da Ruta dos Mosteiros:
- Saída da estación de tren de Santiago de Compostela a Vedra/Ribadulla.
- Visita aos xardíns do Pazo de Oca.
- Visita ao Mosteiro de Carboeiro.
- Visita ao Templo da Veracruz no Carballiño.
- Comida libre no Carballiño.
- Visita ao Mosteiro de Oseira.
- Regreso do tren turístico dende O Carballiño a Santiago.
Se queres facer a Ruta dos Mosteiros en tren, consulta datas no calendario.
Ruta das Mariñas
Con este tren turístico de Galicia coñecerás As Mariñas e as Terras do Mandeo.
Itinerario:
Ruta con saída dende a estación de tren da Coruña e regreso ao mesmo punto. Hai achegamentos dende Santiago.
Descrición:
Visitas ao centro histórico de Betanzos; ás instalacións de Infusións Orballo, en Paderne; á vila de Pontedeume, con tempo libre para comer; ao barrio da Magdalena, en Ferrol, e paseo en barco pola ría para ver os castelos de San Felipe e A Palma.
Programa da Ruta das Mariñas:
- Saída da estación de tren da Coruña.
- Traslado a Betanzos - Museo das Mariñas.
- Visita polo centro histórico de Betanzos.
- Traslado a Donín, Paderne, para visitar Orballo e as plantacións de té. Degustación de infusións e doutros produtos.
- Traslado a Pontedeume.
- Visita polo centro histórico de Pontedeume.
- Comida libre en Pontedeume.
- Traslado en tren a Ferrol.
- Percorrido pola Ría de Ferrol en barco.
- Visita a Ferrol, polo Barrio da Magdalena.
- Regreso do tren turístico á Coruña.
Consulta cando se fai esta ruta no calendario de arriba.
Ruta do viño Rías Baixas
Sube a este tren turístico de Galicia para coñecer a zona da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Itinerario:
Ruta con saída dende a estación de tren de Santiago e destino Vigo. Hai posibilidade de achegamento dende A Coruña a Santiago.
Descrición:
Visitas á adega Pazo Baión con degustación; ao centro histórico de Cambados; comida libre en Vigo; paseo pola ría de Vigo en barco; visita á Illa de San Simón.
Programa da Ruta do viño Rías Baixas:
- Saída do tren da estación de Santiago con destino a Vilagarcía de Arousa.
- Visita á bodega Pazo Baión con cata de viño.
- Visita ao centro histórico de Cambados.
- Comida libre en Vigo.
- Paseo pola Ría de Vigo en barco.
- Visita guiada á Illa de San Simón.
- Regreso dende a estación de tren de Vigo ata Santiago.
Para saber que días sae esta ruta, consulta o calendario que está ao comezo desta páxina.
Ruta da Ribeira Sacra (río Miño)

Descubre a Ribeira Sacra nun catamarán polo río Miño e visita unha adega nesta ruta dos trens turísticos de Galicia 2025.
Itinerario:
Saída da estación de tren de Ourense e regreso ao mesmo punto. Achegamentos dende Vigo Guixar e dende Santiago.
Descrición:
Visita o Mosteiro das Bernardas de Pantón, as instalacións do Ecomuseo Arxeriz, percorre o río Miño en catamarán e descubre a viticultura heroica na adega Vía Romana.
Programa da Ruta da Ribeira Sacra (río Miño):
- Saída do tren dende a estación de Ourense.
- Traxecto en tren dende Ourense a Monforte de Lemos.
- Traslado a Ferreira de Pantón e visita do Mosteiro das Bernardas de Pantón.
- Visita ás instalacións do Ecomuseo de Arxériz.
- Comida libre en Escairón.
- Percorrido polo río Miño en catamarán, dende Belesar.
- Traslado en minibús ata a bodega Vía Romana, para facer unha visita e degustar viño.
- Traxecto en tren Canaval - Ourense.
- Chegada do tren a Ourense.
Mira arriba as datas desta ruta polo río Miño e a Ribeira Sacra.
Ruta polos pazos e dos xardíns históricos de Galicia
Percorre tres dos Xardíns de Excelencia Internacional, recoñecidos pola súa riqueza en camelias.
Itinerario:
Este tren turístico de Galicia sae da estación de Santiago de Compostela con destino Vilagarcía de Arousa. Achegamento dende A Coruña.
Descrición:
Visitas ao Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, que conta cunha multitude de variedades de camelia; visita ao Castelo de Soutomaior e o seu impresionante parque, en O Rial; e visita ao Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia.
Programa da Ruta polos pazos e os xardíns históricos de Galicia:
- Saída dende a estación de tren de Santiago de Compostela.
- Visita aos Xardíns do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa.
- Traslado en tren Vilagarcía de Arousa - Arcade.
- Comida libre en Arcade.
- Traslado ata o Castelo de Soutomaior, con visita guiada aos xardíns e ao interior do castelo.
- Traslado e visita ao Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia.
- Saída en tren dende Vilagarcía ata Santiago de Compostela.
Se queres facer esta ruta, mira o calendario da imaxe.
Ruta dos Viños do Ribeiro - Rías Baixas
Unha ruta en tren para coñecer e degustar os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e do Ribeiro.
Itinerario:
Tren turístico de Galicia con saída na estación de Ourense e chegada ao mesmo punto. Achegamentos dende Vigo Guixar e dende Santiago.
Descrición:
Visitas á adega Señorío de Rubiós, con proba de viño do Condado; ao Museo do Viño de Galicia, na reitoral de Santo André de Camporredondo; ao castro de San Cibrao de Lás; ao Museo do Traxe Tradicional e ao Museo de Automobilismo.
Programa da Ruta dos Viños do Ribeiro - Rías Baixas:
- Saída da estación de tren de Ourense.
- Viaxe en tren Ourense – As Neves.
- Visita á bodega Señorío de Rubiós e degustación de viño.
- Traxecto en tren As Neves – Ribadavia.
- Comida libre en Ribadavia.
- Traslado a Santo André de Camporredondo, con visita ao Museo do Viño de Galicia.
- Desprazamento ata o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Lás (San Amaro/Punxín) e visita ao Centro de Interpretación e ao Castro.
- Traslado á estación de Santa Cruz de Arrabaldo.
- Visitas ao Museo do Traxe Tradicional e ao Museo de Automobilismo.
- Desprazamento en autobús ata a estación de Ourense.
- Chegada á estación de Ourense.
Para saber que días se fai esta ruta, revisa o calendario que che deixamos arriba.
Ruta dos queixos de Galicia
Saborea os queixos galegos máis emblemáticos nesta ruta dos trens turísticos de Galicia.
Itinerario:
Roteiro con saída dende a estación de tren da Coruña con regreso ao mesmo punto. Ofrece achegamento en tren desde Santiago.
Descrición:
Visitas á Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes, para que probes o queixo de tetilla e Arzúa-Ulloa; á queixería Don Crisanto, en Vilalba, para saborear o queixo San Simón da Costa; comida libre en Lugo; visita a Arqueixal Ecoturismo, en Palas de Rei.
Programa da Ruta dos queixos de Galicia:
- Saída dende a estación de tren da Coruña en dirección a Teixeiro.
- Visita á Casa do Queixo.
- Traslado en tren dende Teixeiro a Baamonde.
- Desprazamento en autobús e visita á Quesería Don Crisanto, en Moreda - Lanzos en Vilalba.
- Traslado ao centro de Lugo e comida libre.
- Desprazamento dende a estación de buses de Lugo ata Arqueixal Ecoturismo, en Palas de Rei.
- Visita a Arqueixal Ecoturismo.
- Desprazamento á estación de tren de Lugo.
- Chegada do tren turístico á Coruña.
Entérate das datas de saída no calendario de arriba.
Ruta do Viño Monterrei
Percorre en tren esta ruta que convida a saborear os viños da Denominación de Orixe Monterrei en lugares únicos.
Itinerario:
Ruta turística con saída dende a estación de tren de Ourense e chegada ao mesmo punto. Achegamentos dende Vigo Guixar e dende Santiago.
Descrición:
Visitas ao castelo de Monterrei e á adega Gargalo, con degustación de viño; a Verín, onde se realiza unha comida libre; a Allariz; ao Ecoespazo do Rexo; á Colexiata de Xunqueira de Ambía; e á estación de ferrocarril de Baños de Molgas.
Programa da Ruta do Viño de Monterrei:
- Saída da estación de tren de Ourense con destino Laza/Cercedelo.
- Visita teatralizada ao Castelo de Monterrei.
- Visita á bodega Gargalo e degustación de viño e pincho.
- Comida libre en Verín.
- Visita ao centro histórico de Allariz.
- Visita ao Ecoespazo do Rexo con degustación de queixos.
- Visita á Colexiata de Xunqueira de Ambía.
- Visita ao Museo Moncho Borrajo, na estación de Baños de Molgas.
- Saída do tren dende a estación de Baños de Molgas ata Ourense.
Se estás interesado neste tren turístico de Galicia, infórmate dos días de saída no calendario do post.
Ruta da Ribeira Sacra e Valdeorras
Coñece as Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras nesta ruta dos trens turísticos de Galicia 2025.
Itinerario:
Ruta turística con saída dende a estación de tren de Ourense e chegada ao mesmo punto. Achegamentos dende Vigo Guixar e dende Santiago.
Descrición:
Viaxa en catamarán polo río Sil; visita a adega A Coroa e degusta un viño da Denominación de Orixe Valdeorras; e coñece a estación de ferrocarril dos Peares - Inorde.
Programa da Ruta da Ribeira Sacra e Valdeorras:
- Saída da estación de tren de Ourense ata Santo Estevo de Sil.
- Paseo polo Cañón del Río Sil en catamarán.
- Comida libre na Rúa.
- Visita á bodega A Coroa, cunha degustación de viño.
- Visita teatralizada á estación Os Peares - Inorde.
- Saída do tren dende Os Peares ata Ourense.
Anota as datas de saída deste tren turístico, que podes ver no calendario de arriba.
Goza destas rutas dos trens turísticos de Galicia 2025.
Fonte da imaxe de cabeceira: Turismo de Galicia