E que regalo! Uns auriculares sen fíos Galaxy Buds+ pola compra do novo Samsung Galaxy A52 5G, que xa podes estrear en móbilR. A nova serie A quere democratizar as innovacións de Galaxy para todos/as e non podemos estar máis de acordo.

A52, resistencia á auga e batería de longa duración

Samsung pon o último da súa tecnoloxía ao alcance de todo o mundo. Por iso o A52 resiste á auga, incorpora unha batería que dura dous días e carga rapidamente.

Toques de comodidade: deseño curvo e desbloqueo por pegada dactilar na pantalla.

Incorpora dous altofalantes para un son cinematográfico nas túas pelis ou xogos, que verás máis grandes na súa pantalla Infinity-O de 6,5". Precisamente para os xogadores ten unha gran vantaxe, xa que aprende dos teus patróns de uso para optimizar a batería, a temperatura e a memoria do teléfono.

E falando de memoria, poderás almacenar máis e borrar menos, grazas aos seus 128GB de almacenamento, ampliables a 1TB cunha tarxeta microSD.

Para facer varias tarefas á vez con total fluidez, o A52 leva un procesador octa-core avanzado e 6GB de RAM.

E para o final, o mellor: a súa cámara. A principal ten 64 MPX e estabilizador de imaxe para que saques fotos nítidas mesmo con pouca luz. A lente ultra grande angular de 12 MPX e visión de 123 graos vai xenial para panorámicas. A lente macro de 5 MPX céntrase nos pequenos detalles e deixa desenfocar o fondo.

Completan a cámara a lente de profundidade de 5 MPX e a selfie de 32 MPX para retratos claros e de alta resolución durante todo o día.

Galaxy Buds+, el complemento para tu A52 de regalo

Galaxy Buds+, o complemento para o teu A52 de regalo

Pola túa cara bonita levas uns auriculares inalámbricos. Un complemento básico para:

  • Esquecerte dos cables, que coa máscara xa tes bastante
  • Conectalos ao teu móbil
  • Contestar chamadas con só un toque no auricular
  • Falar sen ter que gritar, grazas aos seus tres micros
  • Escoitar música ata 11 horas sen cargalo
  • Consultar no móbil a batería dos buds e do estoxo de carga

Faite xa na nosa tenda móbilR co novo Samsung Galaxy A52 e leva este ‘regalazo’.