Hai pouco comentabámosche que R era o operador mellor valorado entre as empresas galegas. Unha das razóns era a valoración tan positiva que facían do noso servizo técnico e da nosa atención ao cliente.

O único segredo que hai detrás son os estupendos profesionais que cada día tratan de facelo o mellor posible. Un deses exemplos é Ana Sánchez, que traballa para o noso servizo técnico.

17 anos

Este ano cumprimos dúas décadas en Galicia, dende que a mediados de 1998 conseguimos licenza para despregar rede propia na nosa comunidade. Ana incorporouse ao proxecto pouco tempo despois, polo que coñece como ninguén a evolución que vivimos durante este tempo. "Como pasamos de dar basicamente teléfono fixo a lanzar o servizo móbil, ofrecer rebobina na televisión, 3ollos R ou solucións a medida para empresas.

Actitude

Como Ana explica, a clave está na "actitude", en "intentar axudar ao cliente en todo o que estea na miña man". Cóntanos que cando se incorpora un novo compañeiro que estivo a traballar para outro operador, unha das cousas que máis lle chama a atención é que en R non se quedan unicamente no procedemento. "Nós, sempre que podemos, imos un pouquiño máis alá", confesa. Do que se trata é de poñerse na pel do cliente e de atendelo como che gustaría que te atendesen a ti.

Axudar

O que máis lle gusta a Ana do seu traballo, ademais de poder estar á última nas novas tecnoloxías, é resolver calquera incidencia que teña o cliente na mesma chamada e que este quede contento. "Sénteste ben e iso é importante tanto en calquera traballo como na vida", sentencia.

Dende logo, con xente así, calquera. É un orgullo ter profesionais do talle de Ana. E hoxe tócanos darlle publicamente as grazas tanto a ela como a todos os seus compañeiros.

#20anosporaquí