O calendario de festas en Vigo empeza coa tradicional celebración de San Blas na parroquia de Bembrive o 3 de febreiro, pero o programa de San Blas Vigo 2026 arranca xa o venres 9 de xaneiro. Ademais de música, os furanchos son os outros grandes protagonistas da festa San Blas Vigo 2026, da que che contamos todos os detalles.
Programa San Blas Vigo 2026

Imaxe: Comisión de festas de San Blas e Santiago Apóstol Bembrive-Vigo
O primeiro que debes saber son as datas e os horarios do programa de San Blas en Vigo 2026 para que poidas gozar da animación nas rúas, da música e das actuacións itinerantes e pasarrúas que percorrerán as rúas de Bembrive do 9 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2026.
O seu é que goces desta festa na rúa e goces do viño e da gastronomía nos furanchos de San Blas 2026, que che contamos máis abaixo. Este ano estrean a cartilla Sanblasiña, para que percorras todos os furanchos e coloquen un selo en cada un.
Así é a festa de San Blas en Vigo 2026, que anunciou a Comisión de festas de San Blas e Santiago Apóstol Bembrive-Vigo.
Venres, 9 de xaneiro
- 21:00 h. Actuación musical itinerante de Cans de Palleiro.
Sábado, 10 de xaneiro
- 20:00 h. No Palco Vello de Bembrive: Serán Popular. É necesaria inscrición previa.
Venres, 16 de xaneiro
- 21:00 h. Actuación itinerante de A.C. Sadeo.
Sábado, 17 de xaneiro
- 20:00 h. Actuación itinerante de Sacho Dixen.
Venres, 23 de xaneiro
- 21:00 h. Actuación itinerante de Chascarraschas.
Sábado, 25 de xaneiro
- 18:00 - 20:00 h. Actuación itinerante de Festicultores. CAMBIO DE DATA.
- 20:00 - 21:30 h. Actuación do Grupo de Gaitas Atlántida de Matamá.
Venres, 30 de xaneiro
- 21:00 h. Actuación itinerante de Gaiteiros da Ría.
Sábado, 31 de enero
- 18:00 - 19:30 h. No Palco Torreiro: actuación de A.C. Traspés, pandereteiros e charanga.
- 20:00 - 22:00 h. No Palco Torreiro: Son das Tabernas.
Domingo, 1 de febreiro
- 10:00 h. Pasarrúas a cargo de Charamuscas Banda de Gaitas. A continuación, concerto na Praza do Mosteiro.
- 11:30 h. Pasarrúas da charanga Costamekrélos.
Martes, 3 de febreiro: San Blas
- 10:00 h. Pasarrúas da Banda de gaitas, cornetas e tambores Ría de Vigo.
- 12:00 h. Misa solemne. A continuación, procesión e concerto.
- 19:00 h. Actuación itinerante de Festicultores.
Furanchos de San Blas Vigo 2026
A Comisión de festas publicou a guía de furanchos de San Blas Vigo 2026. Os horarios de apertura adoitan ser os que recollemos deseguido, que actualizaremos se hai novidades:
Horario dos furanchos:
- De luns a xoves: 19:00 - 01:00 h.
- Venres e sábados: 11:00 - 04:30 h.
- Domingos: ata a 01:00 h.
E aquí che deixamos a lista de furanchos onde podes comer e beber viño este San Blas 2026 de Vigo:
- San Xoan de Freixo
- Cabanas
- Rianxeira
- Barallocas
- O Buraquiño
- O Recuncho
- Horreo
- San Blas
- Arroutadas
- Chicha
- A Reventada
- 7 Toxos
- O Submarino
- O Bombeiro
- O Barril
- Portas
- O Chivo
- A Blasa
- Endulza tu vida
- A Botica do Toñito
- O Alboio de Correa
Cartilla de furanchos San Blas Vigo 2026

Imaxe: Comisión de festas de San Blas e Santiago Apóstol Bembrive-Vigo
Este ano hai novidades, a cartilla de furanchos de San Blas Vigo 2026, a Sanblasiña. Percorre todos os furanchos selando a cartilla en cada un deles e cando teñas todos os selos, entrarás no sorteo dun pack para facer cocido.
Goza do San Blas en Vigo 2026, do ambiente nas rúas e nos furanchos dende o 9 de xaneiro ao 3 de febreiro.
E se te quedas con ganas de máis furanchos, vai visitar algúns dos que recompilamos neste artigo:
Fonte imaxe de cabeceira: Concellería de Turismo do Carballiño.
