Este mes de decembro, na televisión de R démoslle a benvida a SkyShowtime. Queremos ir mellorando e avanzando no servizo de televisión que che ofrecemos, por iso, facémoslle un sitio no dial 10 da nosa grella a unha canle que terá o mellor de SkyShowtime, ademais de poder ver os seus contidos a través de rebobina.
Aproveitando esta incorporación, reordenamos a posición das canles para que sexa máis fácil atopalas por temáticas. Moitos clientes comentáronnos desde hai tempo que o ideal era que La1 estivese no dial 1 e non no 111, por exemplo. Así que vos fixemos caso, para que a experiencia sexa mellor e moito máis intuitiva para os usuarios.
Así quedan os diales de TV en R
Na nosa web tes unha páxina coa listaxe completa das canles que che ofrecemos.
Podes facer unha procura por opcións, ben para saber que tes incluído dentro de Ocio TV ou de Total TV, ou ben por canles concretas, ou mirar cales son os diales se es cliente en León.
En primeiro lugar, atoparanse as canles xeneralistas de máis audiencia e con cobertura en Galicia (La1, Antena 3, Telecinco, TVG…). Despois as canles de series e, a continuación, os de cinema. Seguimos cos documentais, cociña, decoración e viaxes, para dar paso aos infantís, aos deportes e aos de música. Por último, situamos as canles locais, os autonómicos e os internacionais:
- Xeneralistas, desde o dial 1
- Cinema e series, desde o dial 12
- Documentais e afeccións, desde o dial 70
- Infantís, desde o dial 90
- Deportes, desde o dial 110
- Música, desde o dial 135
- Locais e autonómicas, desde o dial 155
- Noticias e internacionais, desde o dial 175
- O fío musical está dispoñible desde o dial 205
Esperamos que che guste esta reorganización, que realizamos en liña co feedback que nos estivestes dando para mellorar a vosa experiencia no noso servizo de televisión.