Se non queres ver por enésima vez as pelis de sempre este Nadal, necesitas Netflix Fan para pasar unhas festas caseiras á última. Se es cliente e aínda non tes contratado Netflix Fan en R, regalámoscho durante 1 mes xunto con 10 GB extra no teu móbil para que desconectes estes días do que está a pasar aí fóra.

R estrea Netflix Fan e regálacho durante 1 mes.

As mellores series e pelis e datos extra de regalo

Netflix Fan é unha idea exclusiva de R. Inclúe unha subscrición a Netflix e 10 GB extra todos os meses na liña de móbilR que elixas, por se te enganchas a unha serie e non hai wifi preto .

Elixe o plan que mellor se adapte a ti e inclúe Netflix Fan na túa factura R, sen leas nin tarxetas de crédito.

Podes contratar Netflix Fan por 8€ ao mes na web ou app de clientes (Android e iOS) de R. Unha vez dentro, pulsa no banner e elixe o plan Netflix que máis che interesa. Só che levará un minuto.

Netflix Fan de regalo durante 1 mes

Para que este Nadal tan atípico desconectes e desfrutes de grandes momentos na casa, regalámosche Netflix Fan durante 1 mes.

Só tes que ir á web ou app de clientes (Android e iOS) de R e elixir o teu regalo Netflix Fan. Unha vez pase o mes gratis, e se non queres continuar con Netflix, lembra dalo de baixa. E se decides que xa non podes vivir sen el, poñémoscho máis fácil que nunca con Netflix Fan.

Un Nadal de maratóns de series

Un mes dáche para una chea de maratóns das series e pelis das que todo o mundo fala.

Netflix acaba de estrear a cuarta tempada de “The Crown”. Agora van polos anos 80, coa administración Thatcher e Lady Di de fondo. Aproveita para empezar porque é moi boa e ten unha chea de premios ás súas costas, como os Globos de Ouro.

Seguro que che soa “Gambito de Dama”. Está a causar furor e non é de estrañar porque é diferente ao de sempre. E se che gusta o xadrez, nin che conto.

Entre as estreas deste mes, queda con “El desorden que dejas”. Producida por Vaca Films e rodada en Galicia, a serie de 8 episodios conta no seu elenco con actores de aquí como Tamar Novas, Xosé Antonio Touriñán, Alfonso Agra ou Susana Dans. Inma Cuesta, Bárbara Lennie e Arón Piper, protagonizan esta serie que mestura thriller e drama nunha historia baseada na novela homónima de Carlos Montero (creador de “Elite”).

E se queres pelis, isto é o novo que chega en decembro: “Cielo de medianoche”, dirixida e protagonizada por George Clooney; “The Prom”, con Nicole Kidman e Meryl Streep; e o toque do Nadal de “The Christmas Chronicles 2”, interpretada pola parella Kurt Russell e Goldie Hawn.

‘Planazo’ para este Nadal con Netflix Fan de R!

Cóntanos, que serie non vas perder?