Para ler este post pon o anuncio do Xacobeo 2021 de fondo e imaxínate diante da Catedral de Santiago despois de andar quilómetros e quilómetros o Camiño e “mires atrás”, como di a canción de Xoel López. E é que ao peche dun ano como o 2020, todos necesitamos un Ano Santo.

Entráronche tantas ganas como a nós de percorrer o Camiño? Pois non o imaxines e planifica xa a túa ruta.

Pero ademais de seguir a frecha amarela, hai outras cousas que debes ter en conta. En R, como patrocinadores oficiais do Xacobeo 2021, ímoste guiar a Santiago de forma segura.

Recomendacións para facer hoxe o Camiño

A ruta xacobea adaptouse ao contexto sanitario para garantir a seguridade dos peregrinos.

Algo que non debes esquecer especialmente á hora de durmir. Por iso, agora podes reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago a través de internet, en https://alberguesxacobeo.gal. Localiza os albergues da túa ruta e reserva dende a xornada anterior ata as 13:00 h do día da estadía.

Ademais, segue estes consellos e desfruta desta experiencia única na vida de forma segura:

  • fai os teus pagos vía app de móbil ou tarxeta
  • leva o teu propio saco de durmir
  • pide que che selen a credencial para evitar manipular o selo
  • consulta no teu móbil as cartas dos restaurantes escaneando o código QR
  • desinfecta o mobiliario das áreas de descanso antes de utilizalo
  • mantén a distancia de seguridade en todo momento
  • evita o contacto con outras mochilas, desinféctaa cun pulverizador ou métea dentro dunha bolsa de plástico
  • desinfecta tamén a bicicleta se é o teu medio de transporte
  • non compartas a túa botella de auga

Na túa man está facer o Camiño ‘con sentidiño’ e na de todos vivir o Xacobeo máis especial destes anos.

Anímaste a compartir connosco a túa historia do Camiño 😊? Lémosche.