Queres sentirte como un peregrino cando percorre o Camiño, cando pasea por Santiago, cando goza da gastronomía ou escoita a música de Tanxugueiras? Agora podes facelo esteas onde esteas a través da xanela do Bo Camiño! de Google Arts&Culture. O Camiño dixitalízase neste Xacobeo 21-22. E mira todo o que ten para ti.

¡Buen Camino! de Google Arts&Culture: curiosidades

Cal é a orixe das frechas amarelas?

Por se algunha vez o preguntáches, aquí atoparás a resposta: O párroco do Cebreiro en 1984, Elías Valiño, cansado de escoitar as queixas dos peregrinos que se perdían constantemente, decidiu comprar botes de pintura amarela das obras; foise ata Roncesvalles e foi pintando zonas estratéxicas de todo o Camiño Francés.

Esta e outras curiosidades que non sabías do Camiño están aquí. Por certo, sabías que hai unha auténtica febre xacobea en Corea? Entra e descubrirás por que.

¡Buen Camino! de Google Arts&Culture: historias

Historias conmovedoras do Camiño

Bo Camiño! de Google Arts&Culture recompila historias reais de peregrinos que decidiron facer o Camiño. É o caso de Ursula Martin, a galesa que tardou preto de 3 anos en cruzar Europa a pé dende Kiev; o relato de superación persoal de Adela e Marifé tras sufrir unha enfermidade; e outras moitas vivencias en primeira persoa que te conmoverán. Porque esa é a maxia do Camiño.

Tamén descubrirás as experiencias persoais de profesionais cuxo día a día está ou estivo ligado ao Camiño de Santiago. Como a de Begoña, hospitaleira en Fisterra.

¡Buen Camino! de Google Arts&Culture: mapa ilustrado

Mergúllate como nunca nas rutas xacobeas

Dende Bo Camiño! podes descubrir curiosidades que non sabías do Camiño a través dun mapa interactivo ilustrado. Tamén che permite elixir a túa propia aventura, como nos libros que tiñas de pequeno: escolle entre explorar a natureza, aprender sobre arte e arquitectura, descubrir a gastronomía, música e persoas, ou seguir a guía para principiantes.

Dende esta xanela podes percorrer o Camiño de Santiago en 360º, mergullarte cos cinco sentidos e escoitar a choiva ou o son das pisadas na follaxe.

Todo grazas a 4.750 fotografías e vídeos, 105 reportaxes visuais e ás visitas virtuais a monumentos icónicos.

¡Buen Camino! de Google Arts&Culture: rutas

1.200 anos de historia aos teus pés

Hai 12 datas clave no Camiño de Santiago, dende o achado da tumba de Santiago o Maior ata hoxe, primeira vez na historia en que o Ano Santo será dobre. Coñéceas en Bo Camiño!

Ademais, descubrirás a historia de todas as rutas xacobeos, formas accesibles para gozar do Camiño, como prepararte para a viaxe ou 15 cousas que podes facer ao chegar a Compostela.

E todo isto mentres escoitas de fondo unha banda sonora única. Como este temazo de Tanxugueiras, que acaban de ser elixidas como favoritas dos fans de Eurovisión para representar a España en 2022.

Ponte cómodo e síntete como un peregrino con Bo Camiño! de Google Arts&Culture.

+ info sobre o Xacobeo 21-22