Escoitas a diario palabras como asistente virtual, altofalante intelixente, Alexa, Siri, skills, rutinas... pero poida que teñas un bo cacao mental á hora de saber que é cada cousa. Imos poñer un pouco de orde no universo dos asistentes de voz para que lles saques todo o partido. E para que poidas probar un deles estes días, que pasas tanto tempo na casa, regalámosche unha tablet Lenovo con Alexa integrada ao pasar á tv total de R.

tablet Lenovo con Alexa integrada

Asistente virtual

Máis dunha vez escoitaches a un amigo dicir “Alexa, que tempo fai hoxe?”. E décheste conta de que non falaba coa súa moza se non cun asistente virtual. Son axudantes de voz que che fan a vida máis fácil, responden as túas dúbidas, poñen música por ti, lémbranche se tes compromisos hoxe, dinche se hai tráfico ou apagan as luces da túa casa con só pedilo.

Alexa é o asistente virtual de Amazon, do mesmo xeito que Google ten o Google Assistant e Apple a Siri.

Altofalante intelixente

Para interactuar con eles só debes ter un dispositivo compatible. O máis trendy é falar con eles a través dun altofalante intelixente (eses con forma de cilindro): Amazon Echo de Amazon, Google Home de Google e HomePod de Apple.

Pero tamén dende a túa tablet, televisión, smartwatch ou calquera outro dispositivo que teña Alexa integrado. E si, o teu móbil está nesa lista. Aínda que o teu teléfono veña co seu propio asistente de voz instalado, Siri en iOS e Google Assistant en Android, ademais de Bixby en móbiles Samsung e Celia en Huawei, podes cambialo por Alexa. Só tes que instalar a app de Alexa no teu móbil dende o App Store e Google Play.

Skills e rutinas

Antes de pasar ao seguinte nivel, bota primeiro unhas risas facéndolle preguntas divertidas a Alexa. A resposta sobre se coñece a Siri non ten desperdicio. Que che gustaría preguntarlle?

Despois de xogar un intre, empeza a fedellar para sacarlle todo o partido a Alexa. Ademais de pedirlle info, podes engadirlle unha chea de funcionalidades instalando skills. Veñen sendo como aplicacións ou complementos de temas variados, sobre cociña, ioga, xogos... Por exemplo, podes activar skills para saber o teu horóscopo ou pedir unha hamburguesa sen mover un dedo.

Configura accións que queres que Alexa realice dende o menú rutinas. Por exemplo: "Alexa, empeza o meu día" dirache as noticias, contarache que tempo vai facer e se vas atopar atasco para ir traballar. Crenos que che fará moita compañía estes días.

Agora que xa coñeces un pouco máis de que vai isto dos asistentes virtuais, proba e cóntasnos. E se tes algunha dúbida, axudámoste no que necesites, aínda que non somos Alexa .