Ola. Unha das cousas que sempre nos pides é que che fidelicemos, que teñamos un detalle contigo como cliente antigo. Porque ao final, a ninguén lle amarga un doce. E saber que nós, R, o teu operador de telecomunicacións, nos preocupamos por ti, é algo que sen dúbida a calquera cliente lle pode gustar.

Esa é a razón pola que hai pouco creamos na nosa web a sección “promos para min”. Aí podes atopar promocións exclusivas para ti, como cliente, pero tamén concursos e sorteos que imos realizar.

Concursos e entradas

A sección aínda está nacendo, polo que ao longo do ano irá collendo forza e enchéndose de cousas moi interesantes.

Agora mesmo, como sabes, xa estamos a regalar entradas para ver o Obradoiro cada vez que xoga na casa. Tamén puxemos entradas para o cine ou para ver o Celta en Balaídos. E esperamos ter tamén para o próximo derbi 

E haberá moitas máis, porque queremos ir medrando e intentar que haxa eventos para máis equipos e deportes. A idea, por suposto, é que todos os clientes teñan algo que lles interese.

Sempre vai haber algo

Ademais, en “promos para min” incluiremos durante o ano a reserva dos clásicos “monólogos R” que organizamos cada pouco e que tanto che gustan. Así como outros espectáculos exclusivos para clientes R nos que estamos a traballar e en breve ofrecemos talleres creativos gratuítos para nenos en distintos concellos de toda Galicia.

É por iso polo que é importante entrar de cando en vez, para non perder nada. Que ninguén se despiste 

Servizos con descontos

Por outra banda, como indicamos arriba, contarás con produtos e servizos promocionados para ti. Que non se diga que só as novas altas teñen vantaxes, senón que os que levades un tempo en R, que sodes a maioría, está ben que teñades acceso a servizos máis baratos.

A idea, como dicimos, é ter un detalle contigo como cliente e poder premiar a túa fidelidade durante este tempo en R.

Un saúdo!