Falta moi pouco para o inicio do curso escolar, nun momento marcado por un maior peso da formación online fronte á presencial. Neste novo escenario, os teus fillos e fillas van necesitar máis que nunca a mellor conexión a internet no seu piso.
200 megas sen permanencia
En R queremos axudarte a que saquen todo 10 coa gorra. Con nosa promo estudantes terán 200 megas para seguir as clases online, acceder ás plataformas docentes, intercambiar apuntamentos e compartir wifi cando estuden cos colegas.
E se necesitan máis velocidade, ponlles 500 megas. Máis que dabondo para que se conecten varias persoas, a través do móbil e o portátil.
Ademais, non tes permanencia, porque sabemos que as cousas están constantemente cambiando e non queres estar atado a nada nestes momentos.
Tampouco no verán, cando deixan o piso. Antes das vacacións, chámasnos e dás de baixa o servizo ata que lles toque volver outra vez.
Consellos para estudar na casa
A promo estudantes de R facilitaralles a vida, pero non fai milagres ; non se van librar de choiar arreo. Se se angustian estudando na casa, estes truquiños viranlles de luxo para organizarse.
- mantén certas rutinas: aínda que esteas na casa, quitarte o pixama e darte unha duchiña axudan a espertar
- fíxate horarios: se te organizas ben e es disciplinado, terás tempo para todo, mesmo para o recreo
- márcate obxectivos: para non ter que darte enchentes cando se achegan os exames, establece certas metas que vexas que podes alcanzar facilmente
- evita as distraccións: o WhatsApp e as redes sociais son os maiores “robatempos”. Tenta desconectar do móbil
- tenta durmir dabondo: sabemos que che gusta quedar ata as tantas de parrafeo cos compis de piso, pero descansar ben axudarache a ter as pilas cargadas
Coa promo estudantes de R e estes consellos, o curso está ‘chupado’.
Se tes algunha dúbida, levanta a man e estaremos encantados de axudarte.