3ollos R coida da túa casa ou negocio por ti cando ti non estás. E faino a través dunha serie de sensores, medidores e cámaras. Hoxe queremos falarche dun deles, do detector de auga, o encargado de avisarte se detecta pequenas fugas e inundacións, así como a ausencia de auga. Úsao no teu baño, cociña, acuario, almacén, garaxe... e non te preocupes por se rompe unha tubaxe.
Só tes que colocar este pequeno aparatiño (10,5 x 6 x 5cm e 36g) sobre a superficie que desexas ter baixo control e listo. É moi fácil, sitúas a sonda do sensor, a que está no extremo do cable, no espazo que queres protexer (chan, recipiente, etc.), e pegas a unha parede, por enriba, o corpo do sensor (que lanzará o aviso) para evitar que se molle.
Se pasa algo, 3ollos R encargarase de enviarche unha alerta.
Detección de fugas
Evita sustos, coloca un detector de auga e configura 3ollos R para que quen ti elixas reciba unha alerta advertindo dunha posible fuga. Ollo, deben ter instalada a app de 3ollos R.
Se ao peque da casa lle dá por facer surf na bañeira, podes estar tranquilo porque poderás evitar o desastre grazas a 3ollos R.
Ausencia de auga
Podes utilizar o detector de auga para saber se baixou o nivel de líquido nun determinado recipiente. Así saberás se a túa mascota quedou sen auga ou se o acuario de casa pide a berros que o enchas máis.
Configura as alertas
Establece os avisos do detector de auga directamente desde o móbil a través da app de 3ollos R (dispoñible para Android e iOS) ou dende a web 3ollosR.mundo-R.com.
Para configurar as alertas, pulsa no menú da app e selecciona a opción regras. Busca a regra que necesitas, por exemplo "avísame se hai unha fuga de auga", actívaa e xa estará a pleno rendemento para avisarte de calquera incidencia.
Como ves é moi sinxelo e rápido .
Custo do servizo
- 7€/mes para clientes de combo ou mambo: cota do servizo gratis, concentrador 5€/mes e detector de auga 2€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses non pagarás nada, 0€.
- 16€/mes para resto de clientes: cota do servizo 9€/mes, concentrador 5€/mes e detector de auga 2€/mes durante 24 meses. Pero durante os dous primeiros meses non pagarás nada, 0€.
Combínao con outros sensores
Se ao detector de auga úneslle un detector de fumes estarás totalmente protexido contra inundacións e incendios. Así a túa tranquilidade está asegurada ante todo tipo de perigos.
Combínao cunha cámara HD e recibirás tamén un vídeo no teu móbil cando se produza unha inundación. Así poderás monitorar en todo momento a gravidade da fuga e poder parala en tempo récord.
Resolvemos as túas dúbidas
Aquí estamos para resolver as dúbidas que teñas sobre 3ollos R. Ademais, podes consultar na web de respostas as preguntas máis frecuentes, descargar os manuais de 3ollos R ou entrar no foro.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!