Celebrar o Día da Nai durante o #EuQuedoNaCasa non ten que che dar baixón, pódelo montar moi ben en casa. A nós ocórrensenos unha chea de ideas para que te consintas moito. Cóntasnos como vas celebrar ti o Día da Nai?

Este é o ‘planazo’ perfecto que preparamos para ti. Dáte un capricho!

  • Almorza na cama e, se cho levan, mellor aínda
  • Alonga un bo intre o teu momento lectura no sofá
  • A cociña, para outros, e non te esquezas de pedir o teu prato favorito
  • Bota unha boa sesta
  • Dedícate a facer tranquilamente deporte ou ioga
  • Dáte un baño relaxante e unha sesión de beleza porque ti o vales. Presume do resultado a golpe de selfie dende o balcón
  • Faite raíña e señora do mando para poñer en Netflix esta serie sobres nais coas que te sentirás identificada: ‘Workin' Moms’, ‘The Letdown’, ‘Las Chicas Gilmore’, ‘Chicas buenas’, ‘Madres forzosas’, ‘Jane The Virgin’ ou ‘Ali Wong: Hard Knock Wife
  • Bota unhas risas nunha videochamada coas túas amigas
  • Dáte unha volta polas tendas online, reserva o que máis che guste e recólleo cando xa se poida
  • Cambia o teu móbil por este Samsung Galaxy A51 a un prezo de capricho
Plans para celebrar na casa o Día da Nai Samsung Galaxy A51

Se consegues facer todo seremos as túas/os teus fans. Non esquezas contarnos o resultado nas nosas redes sociais. Feliz Día da Nai a todas!