Celebrar o Día da Nai durante o #EuQuedoNaCasa non ten que che dar baixón, pódelo montar moi ben en casa. A nós ocórrensenos unha chea de ideas para que te consintas moito. Cóntasnos como vas celebrar ti o Día da Nai?
Este é o ‘planazo’ perfecto que preparamos para ti. Dáte un capricho!
- Almorza na cama e, se cho levan, mellor aínda
- Alonga un bo intre o teu momento lectura no sofá
- A cociña, para outros, e non te esquezas de pedir o teu prato favorito
- Bota unha boa sesta
- Dedícate a facer tranquilamente deporte ou ioga
- Dáte un baño relaxante e unha sesión de beleza porque ti o vales. Presume do resultado a golpe de selfie dende o balcón
- Faite raíña e señora do mando para poñer en Netflix esta serie sobres nais coas que te sentirás identificada: ‘Workin' Moms’, ‘The Letdown’, ‘Las Chicas Gilmore’, ‘Chicas buenas’, ‘Madres forzosas’, ‘Jane The Virgin’ ou ‘Ali Wong: Hard Knock Wife’
- Bota unhas risas nunha videochamada coas túas amigas
- Dáte unha volta polas tendas online, reserva o que máis che guste e recólleo cando xa se poida
- Cambia o teu móbil por este Samsung Galaxy A51 a un prezo de capricho
Se consegues facer todo seremos as túas/os teus fans. Non esquezas contarnos o resultado nas nosas redes sociais. Feliz Día da Nai a todas!