Ola. Ultimamente estamos a detectar varios casos de phising sobre a nosa marca.
É dicir, que un terceiro o que fai é facerse pasar por nós para intentar conseguir datos de carácter persoal. Ben sexa un correo, un teléfono ou incluso a conta bancaria e o DNI.
Moito ollo
Isto non é algo que afecte só a R. De seguro que xa recibiches algún correo fraudulento deste tipo, facéndose pasar pola túa entidade bancaria. Ou ben de plataformas como Amazon ou PayPal, dicíndoche que houbo un problema co teu usuario e tes que confirmar os datos.
É fundamental ter claro que, ante calquera problema, nunca che pediremos datos por escrito. Nunca. E se tes dúbidas da orixe (se o correo é real) é importantísimo que nos escribas para asegurarte de que somos nós.
Webs falsas
Este engano non queda reducido só a correos nos que se che piden datos. Moitas veces os estafadores adoitan montar webs semellantes ás nosas, para dar a aparencia de normalidade e que non sospeites.
Fíxate sempre na ligazón (non é a web de sempre), no texto (habitualmente hai faltas de ortografía ou cousas raras no texto) e incluso no deseño. E, de novo, ante calquera dúbida, pregúntanos.